Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Padrón acércase á Pascua con folga de lixo e conflito laboral na policía local

Padrón atópase desde hoxe luns cunha folga de lixo e cun conflito laboral na policía local tras unha denuncia de Comisións Obreiras.
concello de Padrón
concello de Padrón

Bisbarra, 27 de marzo do 2023 – O concello de Padrón atópase desde hoxe luns cunha folga de lixo e cun conflito laboral na policía local tras unha denuncia de Comisións Obreiras.

En ambos os dous casos os sindicatos, CIG no caso do lixo e CCOO no da policía, dirixen as críticas ao goberno municipal de Padrón pola falta de interese na procura de solucións. CIG advirte que por esa causa a folga preséntase longa. CCOO acusa ao executivo local de querer desmantelar o servizo.

Unha folga de lixo ás portas da Pascua

O do lixo en Padrón é un conflito que nace no ano 2015, data de sinatura do último convenio dos traballadores de ese centro de traballo. Por aquel entón o servizo de lixo estaba en precario e a empresa que o xestionaba renovaba contratos mes a mes e por esa razón non negociaba un novo convenio.

A situación mantívose no tempo durante oito anos ata que en xullo pasado asumiu o servizo FCC Medio Ambiente. O comité de empresa comezou as negociacións coa nova empresa pero a nova concesionaria di no ter marxe de suba salarial coa oferta económica coa que gañaron a concesión.

Os traballadores do lixo de Padrón lembran que levan sen actualizar o soldo oito anos. Que no 2021 o IPC foi un 6,5 e no 2022 dun 5,7. Fronte a este incremento de prezos a concesionaria só oferta unha suba dun 5% para os vindeiros catro anos.

A última reunión coa empresa foi en decembro. A folga foi convocada hai dez días e desde o sindicato solicitouse ao concello unha reunión, na que estivera tamén a empresa, sen recibir resposta. O mércores pasado emitíase un decreto de alcaldía con servizos mínimos do 75%, e do 100% en algúns casos, que vai ser recorrido pola CIG.

O Comité avanza que o conflito será longo polo nulo interese do goberno de Padrón en solucionalo. Veñen ademais de convocar unha concentración, diante do concello, o vindeiro xoves as sete e media da tarde, media hora antes do pleno municipal.

Desmantelar a policía local

Comisións Obreiras ven de abrir un conflito laboral co concello de Padrón ao presentar unha denuncia por “abuso de contratación de auxiliares” e acusa ao goberno municipal de querer desmantelar o servizo.

A Relación de Postos do Traballo de Padrón, aprobada no 2021, contempla 11 prazas de axentes. O sindicato explica que esta foi a primeira infracción xa que esa cantidade incumpre a normativa autonómica que marca unha media de 1.8 policía por cada 1.000 habitantes polo que a RPT debería ter polo menos 15 prazas contempladas.

Na actualidade só hai seis prazas cubertas polo que o concello conta con tres veces menos efectivos dos marcados pola normativa autonómica. CCOO denuncia ademais que nas últimas convocatoria públicas de emprego ofertáronse catro prazas pero non se chegou a convocar ningunha.

Ante esta situación o sindicato explica que “Esta situación fainos pensar que a contratación de Policías Locais non é prioritaria para o Concello de Padrón e que imos cara a un desmantelamento progresivo do corpo”. A denuncia prodúcese porque segundo CCOO o goberno municipal intenta ocultar a situación “contratando auxiliares e asignándolle funcións que non lles corresponden”.

Post navigation

Previous: A Casa da Xuventude de Compostela, unha realidade no metaverso
Next: XLI edición da Festa do Viño da Ulla

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.