Bisbarra, 12 de xullo do 2023 – Este vindeiro sábado día 15 a Casa de Rosalía, na Matanza en Padrón, celebra un ano máis o festival Abride a Fiestra con actividades ao longo de todo o día.

Abride a Fiestra é un festival que se celebra todo o día na Casa de Rosalía. Música, visitas guiadas e conversas conforman unha xornada na que celebrar á poetisa. Este sábado haberá ademais unha feira de produtos rosalianos e xogos tradicionais para os máis cativos. E se o tempo o permite, rematará a xornada observando a estrela Rosalía de Castro. Todo con entrada libre.
O festival Abride a Fiestra conta cos apoios da Deputación da Coruña, o Concello de Padrón, o Parlamento de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a Adega Paco&Lola e GADIS.
A continuación tedes toda a programación
11.00 Visita guiada pola Horta de Rosalía da man de Miguel Lois
11.30 Xosé Luís Axeitos e Henrique Rabuñal conversan sobre “O Centenario de Murguía”
12.00 Actuación de ANTÓN REIXA: “Concerto desconcerto”
12.00 Visita guiada pola Casa da man de Rita Bugallo [público familiar]
12.30 Presentación do libro ’Airiños. 90 anos de teatro do pobo’
13.00 Actuación de ALDAOLADO (poesía, música, humor)
13.30 Conversa entre Belén López e Moncha Fuentes, sobre o seu libro ‘O tradutor de sombras’
14.00 Cata de viños con Paco & Lola, da man do enólogo Cayetano Otero
XANTAR NA HORTA DE ROSALÍA
17.00 Obradoiro de xogos sonoros con Cé Orquestra Pantasma
17.30 Visita guiada pola Casa da man de Manuel Lorenzo Baleirón
18.00 Actuación musical de Cé Orquestra Pantasma
18.00 Conversa entre Belén López e Olga Novo, Premio Nacional de Poesía por ‘Feliz Idade’
18.30 Visita guiada pola Casa da man de Carme Pérez-Sanjulián
19.00 Acto institucional do 138 aniversario do pasamento de Rosalía. Entrega da Rosa de Galicia á familia de Octavio San Martín. Con actuación do Cuarteto de Clarinetes da Banda de Padrón.
20.00 Actuación de XURXO SOUTO: “Cantos das Mulleres do Mar: A Cantiga da Conserva”
21.00 Concerto de XISCO FEIJOO
23.15 Observación da estrela Rosalía de Castro canda a Agrupación Astronómica Ío [recoméndase traer prismáticos]
