Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Xeral

Padrón vive xa as festas do Santiaguiño

Hoxe comezan as festas do Santiaguiño en Padrón que durarán ata o vindeiro 25 de xullo no que se celebrará a tradicional romaría.
padron-festas-do-santiaguinho-slide-17-xullo-2023-(3)_r

Bisbarra, 17 de xullo do 2023 – Hoxe comezan as festas do Santiaguiño en Padrón que durarán ata o vindeiro 25 de xullo no que se celebrará a tradicional romaría.

Unha semana na que O Santiaguiño encherá Padrón de actividades de todo ripo e para todoso os públicos. As actuacións de Xoán Curiel e Uxía Lambona son dous dos espectáculos pensados para a cativada, que terá a súa festa o luns 24 pola tarde. Os amantes dos concertos poderán gozar cos de Ruxe Ruxe, Leilía e as versións dos anos 80 e 90 de Chroma e Somoza Trío. O amplo programa inclúe tamén a entrega do premio Peregrino de Honra a José Antonio de la Riera, o venres 21.

A maxia terá un papel destacado no programa do Santiaguiño 2023, cos espectáculos Rock’n’Magic do Mago Teo (hoxe luns as 21.30 horas) e o do Mago Antón Mil maxias máis (venres 21). O Mago Antón ofrecerá cinco actuacións na travesía do Campo da Feira (detrás do campo de fútbol) ás 11.00, 12.00, 19.00, 20.00 e 21.00 horas con aforo limitado, polo que é preciso retirar entrada no centro social.

Nenos e nenas tamén poderán gozar cos espectáculos para público familiar de Xoán Curiel e a Banda do Verán (martes 18) e co de Uxía Lambona e a Banda Molona (xoves 20), os dous ás 21.30 horas na praza de Macías.

O venres comezan os grandes concertos do Santiaguiño coa actuación de Leilía (22.30) e Quinkillada (medianoite), ambos no Campo do Souto, e o do DJ Traffic House (01.30) no Espolón.

O sábado actuarán Chroma, coas súas versións dos anos 80 e 90 (23.00) e o DJ César Sánchez (01.00) e o domingo será a quenda da banda folk Os D’Abaixo (21.30).

O fundador da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS) e da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), José Antonio de la Riera Autrán, foi distinguido este ano co premio Peregrino de Honra. O alcalde, Anxo Arca, entregaralle o venres o galardón Padrón, Berce do Xacobeo, durante o acto oficial que se celebrará na igrexa de Santiago a partir das 12.00 horas.

Festa infantil o luns 24

A cativada ten reservada a súa festa para o luns 24, coa celebración do parque de lecer infantil. Entre as seis e as nove da tarde poderá gozar cos inchables, pista militar, a selva, guay paut con piscina, tobogán de auga, búfalo mecánico e moitas atraccións máis.

O grupo folclórico Rosalía de Castro actuará ás 18.00 no paseo do Espolón, e as 19.00 celébrase un desfile e concurso asnal, antes de que o espectáculo de acrobacias O burro Marcial faga as delicias de todos os que se atopen na praza de Macías ás oito da tarde. Ao rematar (20.30) o Circo Krasnovarak pediralle a pequenos e maiores polas rúas de Padrón que axuden a Nika a atopar os animais perdidos do circo.

Os concertos de Somoza Trío, coas súas versións pop rock dos anos oitenta e noventa (22.30 horas) e o DJ Carlos López (00.30) pecharán o programa do luns 24.

Día do Santiaguiño

O día grande do Santiaguiño, 25 de xullo, os actos comezarán ás 10.30 horas coa tradicional procesión coa imaxe do santo dende a igrexa parroquial ata o monte San Gregorio. A comitiva irá acompañada polos grupos de gaitas O Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira, Xoldra e Os Mersenarios. Ao mediodía celebrarase a misa no monte Santiaguiño, e a solemne será ás 13.00 horas, cantada pola Coral Polifónica Padronesa.

O Concello ten habilitado un servizo de transporte gratuíto para que persoas con mobilidade reducida podar participar na romaría. Haberá saídas dende o Campo do Souto cada media hora de 11.30 a 15.00 e de 17.00 a 20.00 horas. As baixadas dende o Santiaguiño serán, tamén cada media hora, de 11.45 a 15.15 e dende ás  17.15 ata as 20.15 horas.

A romaría do Santiaguiño comezará ás 12.30 horas coa tradicional sardiñada, e o reparto gratuíto de pan de millo e dos bolos preñados.

As actividades divertidas para os máis pequenos comezarán ás 16.30 horas, con animación, inchables de auga e moitas máis sorpresas.

A baixada en procesión do santo dende o monte Santiaguiño (19.30 horas) dará paso pouco despois ao concerto de Ruxe Ruxe (21.30 horas no paseo do Espolón), que pechará as festas do Santiaguiño de Padrón deste ano.

Post navigation

Previous: Nova acción ecoloxista na mina de San Finx
Next: Alertan do posible peche da farmacia de Marrozos

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.