Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Xeral

Homenaxe a Ramón Casasnovas na Pascua de Padrón

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, presentou o cartel das Festas de Pascua 2024, que rende unha homenaxe a Ramón Casasnovas.
festas-de-pascua-en-padron-slide-13-marzo-2024-(2)_r

Bisbarra, 13 de marzo do 2024 – O alcalde de Padrón, Anxo Arca, presentou o cartel das Festas de Pascua 2024, que rende unha homenaxe a Ramón Casasnovas.

Ramón Casasnova foi  mestre no municipio durante catro décadas e unha persoa que durante moitos anos involucrouse e colaborou activamente na organización das festas de Pascua. Anxo Arca e a concelleira Chus Campos deron a coñecer unha programación diversa, para todos os públicos, libre de violencia e que aposta pola música galega.

“A contribución de Ramón Tomás Vázquez Casasnovas á vida de Padrón foi incalculable”, asegurou Anxo Arca, lembrando que como profesor durante máis de catro décadas e colaborador na organización das festas de Pascua “Casasnovas deixou unha pegada indeleble. A súa xenerosidade, humildade, o seu espírito altruísta foron, e sempre serán, un exemplo a seguir”, afirmou o alcalde.

A figura de Casasnovas ten un papel predominante no cartel das Festas de Pascua 2024, deseñado polo artista padronés Alfonso Blanco. “Casasnovas foi profesor meu de Matemáticas, de Naturais e de Debuxo no colexio Rosalía de Castro. No cartel quixen facelo partícipe de toda a festa, e aparece como un transeúnte máis que visita o pobo, rodeado de personaxes que marcaron a miña infancia e a miña vida na Pascua”, indica.

Na ilustración tamén aparece a xigante, “que sempre a levaba o meu amigo Tanis, falecido hai dous anos, e os cabaliños de Evilasio, de Michel, que nos deixou hai poucos días”, engade Alfonso Blanco, que lle agradece ao Concello de Padrón ser parte da Pascua 2024.

Programación da Pascua

A Feira Cabalar e a de maquinaria agrícola e industrial (31 de marzo) mantéñense como dous dos atractivos da Pascua de Padrón, que este ano conta cunha “programación diversa, con espectáculos para público de todas as idades, libre de violencia e na que apostamos pola música galega”, explicou a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero pronunciará na praza de Macías o pregón co que se iniciará o sábado 30 a semana grande da Pascua 2024. Esta xornada rematará cos concertos da orquestra madrileña La Misión e da padronesa Unión y Fuerza. A actuación de Fillas de Cassandra será o prato forte do domingo 31, día no que tamén actuarán as orquestras Capitol e Miramar.

O luns amenizarán as verbenas o Dúo Master, París de Noia e América, e o martes 2 será a quenda da orquestra Los Satélites. A boa música volverá a fin de semana de Pascuilla, coas actuacións de Los Player’s e New York (venres 5) e os concertos de Celtas Cortos e a orquestra Olympus o sábado 6 (coa sesión de fogos artificiais a medianoite entre ambos os dous). As orquestras Atenas e Marbella pecharán as festas o domingo día 7.

Os amantes da música disco poderán gozar coas actuacións do Dj Espiño (30 de marzo, antes do pregón) e cos espectáculos dos picadiscos programados por Openair os días 5 e 6 de abril. Como xa é tradicional, os grupos folclóricos teñen un papel importante da Pascua. Este ano actuarán San Pedro de Carcacía, Rosalía de Castro, A Foliada do Montiño, Arreixeira e O Pedrón, ao igual que os xigantes e cabezudos, a Banda Municipal de Música de Padrón e as de Santiago e Rianxo nos días da Pascua dedicados a Santiago e Rianxo. O Festival de Bandas Capital do Sar contará coa participación da banda local e coas de Touro e Caldas o 7 de abril.

As artes escénicas, coa ópera electrónica Papagena (martes 26), e os deportes tampouco faltan nas Festas de Pascua. O Raid Cabalar do sábado 23 de marzo marca o inicio do programa este ano, que tamén inclúe os campionatos galegos de xadrez, os torneos de fútbol base e de tenis Concello de Padrón, o VI Torneo CD Sar Extramundi e a velada de boxeo, o venres 29. A Carreira pedestre de Pascua (sábado 30) e o torneo de chave completan a oferta deportiva.

Post navigation

Previous: Os centros de atención á discapacidade levan tres anos sen convenio colectivo
Next: Frades celebra esta fin de semana a X Festa da Filloa de Abellá

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.