Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

A triatleta Martina López será a pregoeira das Festas de Pascua de Padrón

padron pregoeira pascua SLIDE 27 marzo 2025

Unha programación na que a música é a principal protagonista será o fío condutor das festas de Pascua 2025 en Padrón. As principais orquestras de Galicia e concertos como o da Banda da Loba marcarán o ritmo da noite padronesa.

O Concello de Padrón celebrará as Festas de Pascua 2025 do 12 ao 27 de abril e que volverán contar cun amplo e intenso programa. A inauguración oficial terá lugar o sábado 19 de abril ás 21:00 horas na Praza de Macías, onde a triatleta de élite Martina López Gestal será a encargada de pronunciar o pregón.

A deportista, actualmente integrante do Triatlón Inforhouse Santiago, foi pioneira na súa disciplina, sendo a primeira muller en obter licenza no Triatlón Vilagarcía. Ao longo da súa traxectoria, acadou importantes recoñecementos, entre eles o campionato de España de triatlón de media distancia (categoría 35-39 anos) en 2021 e a terceira clasificación no Campionato Galego de 2019.

A presentación da inauguración correrá a cargo de Sara Seco, creadora de contido e premiada no certame Youtubeiras + polo seu traballo en TikTok. A comunicadora, orixinaria de Valga, será a encargada de conducir o acto de apertura das Festas de Pascua.

Con esta escolla, o Concello de Padrón reforza o seu compromiso coa visibilidade das mulleres no ámbito cultural e festivo, así como co talento da comarca e dos pobos irmáns, como tamén se reflicte na elección do ilustrador lestrovense Mateo Pardal como autor do cartel oficial das festas.

As celebracións incluirán a actuación dalgunhas das mellores orquestras de Galicia, cun programa musical de primeiro nivel que se desenvolverá en distintos puntos da vila. O mesmo día do pregón, a festa comezará coas actuacións de La Fórmula, que celebra os seus 10 anos cun espectacular directo, e Unión y Fuerza, orquestra padronesa de referencia.

O domingo de Pascua converterase na Noite Xove, cunha programación especialmente pensada para o público máis novo. Desde as 19:30 horas, Magos, unha formación nova e dinámica, ofrecerá o seu espectáculo antes da emblemática París de Noia, que desde 1957 marca a diferenza co seu escenario móbil de última xeración.

Á 1:00 horas, Ricky Galende presentará o seu espectáculo de música, son e iluminación Renovation Experience no paseo do Espolón, garantindo unha noite de festa e diversión.

O luns de Pascua, o protagonismo recaerá dende as 21:00 horas en Los Satélites, con máis de 80 anos de traxectoria, e ás 22:30 horas en Olympus, unha das orquestras máis espectaculares de Galicia con escenografía, coreografías e luminotecnia de alto nivel.

O martes, o Dúo Máster de Padrón animará a xornada antes da chegada ás 23:00 horas de Panorama, unha das orquestras máis populares de España cunha media de 200 actuacións anuais.

Máis propostas durante a Pascuilla

Desde o Concello de Padrón búscase ofrecer unha programación musical pensada para todos os gustos, combinando modernidade e tradición. Así, durante a Pascuilla, a música seguirá enchendo as rúas de Padrón con bandas como Los Wavy Gravies, Five Star Service ou Banda de Nash, ademais de orquestras como América, Kubo, Marbella e as padronesas Atenas e Charleston que suma xa dúas décadas enriba do escenario.

O venres da Pascuilla estará marcado pola predominancia do rock, reforzando así a diversidade musical e apostando por novas propostas para todos os públicos. A Banda da Loba, grupo galego integrado por cinco mulleres que fusionan pop, blues, folk e rock, será outro dos grandes atractivos destas festas en Padrón. Ademais, o Tributo a El Canto del Loco e as sesións dos diferentes DJs no Open Air garanten unha festa completa ata a madrugada.

Como antesala á espectacular tirada de fogos de artificio á medianoite do domingo de Pascuilla, que marcará un dos momentos máis emocionantes das festas, o público poderá gozar dunha serie de proxeccións audiovisuais que engadirán unha dimensión especial ao evento.

O amplo, variado e ambicioso programa de orquestras e actuacións reflicte o compromiso do Concello de Padrón por manter viva a tradición festiva da vila, atraendo a veciñanza e visitantes con espectáculos de primeiro nivel, convertendo a vila nun punto de encontro festivo de referencia en Galicia.

Post navigation

Previous: Frades une xeracións
Next: Dodro abre a convocatoria de axudas de emerxencia social

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.