Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Xeral

Padrón celebrará a Feira Medieval do 5 ao 7 de xullo

Anxo Arca o Chus Campos presentan o cartel da Feira Medieval de Padrón 2024

Bisbarra, 27 de maio do 2024 – O concello de Padrón celebrará a Feira Medieval do 5 ao 7 de xullo no que será a decimo sétima edición do evento.

A Feira Medieval de Padrón foi presentada polo  alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Festexos, Chus Campos, e contará con postos de artesanía, obradoiros de oficios para todas as idades, moita música e un espectáculo de lume.

A décimo sétima edición comezará o venres 5 de xullo ás sete da tarde coa chegada dos artesáns e a apertura dos obradoiros, grazas aos cales persoas de todas as idades poderán coñecer oficios tradicionais relacionados coa madeira, a lá, a cantaría, o curtido de peles ou o tratamento de vidro.

Os espectáculos de lume da Cía Troula (sábado, 23.00 horas) e Andanadas (domingo, 22.30 h. praza de Macías) serán dous dos atractivos da presente edición da Feira Medieval, que contará tamén cos espectáculos musicais de Xoán Curiel “Treides conmigo” (venres, 20.00 h. no atrio do convento do Carme), e a de Suso Martíns e Manoele de Felisa “Cativo da Minna Tristura” (sábado, 19.00 h. na praza de Macías).

O mercado estará aberto de 19.00 a 00.00 o venres, día 5; de 11.00 ata a 1.00 horas do sábado, e de 11.00 a 00.00 o domingo 7 de xullo. O domingo pola tarde entregaranse trofeos aos locais mellor engalanados da Feira Medieval.

Post navigation

Previous: Teo nomea a Paula Carballeira, Manuel Quintana Martelo e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe fillos e filla adoptivos
Next: Melide recibe unha doación de propiedades que se destinarán á terceira idade

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.