Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Xeral

Padrón inaugura a X Exposición da Camelia

Xunto ao alcalde de Padrón, Anxo Arca, estarán o de Vedra e o de Salceda de Caselas

Vista da exposición de camelias dun ano anterior

Padrón, 21/03/2026 – O Convento do Carme de Padrón acolle desde hoxe a X Exposición da Camelia e do Bonsái, unha cita que cumpre dez anos consolidada como referente no calendario botánico e cultural de Galicia.

Organizada por José Freire coa colaboración do Concello de Padrón, esta edición reunirá a 70 expositores chegados de toda a comunidade, que darán forma a unha mostra de gran valor estético e patrimonial arredor dunha das especies máis emblemáticas dos xardíns galegos.

A inauguración oficial terá lugar ás 13.00 horas e estará marcada pola presenza institucional de tres concellos especialmente vinculados á tradición da camelia. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, estará acompañado pola alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez, nun encontro que simboliza a irmandade e a colaboración entre territorios que comparten unha fonda relación con esta flor.

Neste acto inaugural haberá tamén un momento moi especial: unha homenaxe chea de agarimo ao coleccionista Ramón Abalo, referente no cultivo da camelia e exemplo de dedicación e paixón por esta especie.

Entre as novidades desta décima edición destaca a creación dun novo premio á mellor composición artística, co que o xurado recoñecerá a creatividade e a orixinalidade nas montaxes que combinen camelias con outros elementos decorativos, ampliando así a dimensión artística da exposición.

A actividade comezará xa desde primeira hora coa colocación das flores por parte dos participantes. Ao longo da fin de semana, veciñanza e visitantes poderán gozar dun completo programa de actividades gratuítas para todos os públicos, que inclúe obradoiros, visitas guiadas e propostas lúdicas como o escape room A dama das Camelias, dirixido á rapazada.

O evento manterá a súa aposta pola divulgación artística con dúas exposicións permanentes no propio Convento do Carme: a mostra de pintura en acuarela Sumi-e A sutileza da auga e do xesto, da academia Mar de la Corte, e Do estudo á luz, unha colección de obras de alumnado do centro arousán.

Como é habitual, tamén se entregarán os tradicionais premios ás mellores camelias, entre eles os galardóns Amigos da Camelia de Padrón e o premio Orixe Galega á flor individual máis destacada, aos que se suma nesta edición o novo recoñecemento á composición artística.

Co respaldo do Concello e tras unha década poñendo en valor o traballo de cultivadores, afeccionados e expertos, a Exposición da Camelia e do Bonsái reafírmase no seu décimo aniversario como unha cita imprescindible para descubrir a beleza e tradición arredor da camelia en Galicia.

Post navigation

Previous: Brión segue vixiando o proxecto de central hidroeléctrica reversible no río Tambre
Next: A poesía de Neira Vilas nos Luns do Ateneo

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.