Bisbarra, 29 de agosto do 2024 – La Vuelta a España saiu e chegou este mércores desde o campus tecnolóxico de Cortizo en Padrón, un evento que pon á bisbarra e á capital do Sar en todos os medios de comunicación.
Un traxecto de 166 quilómetros que pasou por concellos como Dodro, Rois ou Teo e que serviu ademais para reden homenaxe a veteranos da bicicleta. O concello de Padrón aproveitou para render homenaxe cunha recepción oficial a Blanco Villar, José Manuel Oliveira e José Ángel Vidal que foron recibidos polo alcalde, Anxo Arca, e membros do grupo de goberno.
A recepción, xunto ao Día da bicicleta celebrado o pasado sábado, forman parte das festividades previas á disputa da ronda ciclista “Padrón está enormemente agradecido e orgulloso da vosa contribución a este deporte que hoxe enche de emoción todo o noso pobo”, subliñou o rexedor.
ALTRI NON
O tramo final da etapa pasaba polo porto de terceira categoría de Cruxeiras, en Padrón pero no límite co concello de Teo. Unha subida que partía da estrada que une Pontevea coa capital do Sar á altura de Carcacía e que serviu para romper o pelotón, que xa viña fragentado, en pequenos grupos.
Nunha das curvas do trazado situáronse varias persoas, algunhas con bandeiras do BNG; para protestar contra a planta de ALTRI que se quere construír en Palas de Rei e mesmo debuxaron na estrada unha bandeira de Palestina unindo así ambas as dúas reivindicacións.
A estrada estaba chea de xente desde o comezo ata o final e moi cerca da protesta pararon a ver a subida o presidente do Cluster do Turismo, Cesareo Pardal e o ex corredor Ezequiel Mosquera. Cos veciños que protestaban estaba tamén o ex primeiro tenente de alcalde de Ames David Santomil ou o cantante de Loita Amada, ex NAO, Jasper.