Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Padrón estabilizará a 21 traballadores e traballadoras máis co consenso das forzas sindicais e do comité de empresa

concello de Padrón

Bisbarra, 12 de agosto do 2024 – A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Padrón aprobou a modificación dos procesos de estabilización de emprego temporal para dar cobertura ás prazas que non estaban incluídas na oferta de emprego público extraordinario do 2022.

concello de Padrón

A oferta anterior deixaba fóra ao persoal de servizos tan importantes como o CIM e o GES, ao non situalos o anterior goberno dentro do cadro de persoal municipal. Pola contra, o actual equipo de goberno, liderado por Anxo Arca, considera estes servizos fundamentais para Padrón.

Esta medida foi consensuada cos sindicatos e co comité de empresa na mesa xeral de negociación, seguindo a liña de diálogo prometida polo actual goberno local. O resultado deste proceso será a eliminación da temporalidade dos empregados públicos do Concello, cumprindo así co compromiso electoral do actual grupo de goberno socialista.

A selección de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo levarase a cabo mediante o sistema de concurso e ofertaranse 21 prazas en total, que se suman ás 42 prazas incluídas inicialmente.

Os procedementos convocados inclúen os 8 postos de peón e 4 xefes/as de equipo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal; 2 limpadores/as e 1 conserxe do albergue de peregrinos; 1 psicólogo/a do Centro de Información á Muller e apoio aos servizos sociais; 1 posto de dirección e asesoría xurídica do Centro de Información á Muller e apoio aos servizos sociais; 1 técnico/a informática responsable da aula de informática e do Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CEMIT); 1 auxiliar de enfermería do centro de saúde; 1 limpador/a do centro de saúde; e 1 operario/a limpeza viaria.

Esta convocatoria servirá tamén para crear unha bolsa de emprego para a cobertura de postos de traballo con carácter interino ou temporal integrada por todas aquelas persoas aspirantes que non superasen o proceso. Grazas á creación destas bolsas poderanse cubrir as baixas con máis celeridade e diminuír tempos de espera nos diferentes departamentos e servizos.

Post navigation

Previous: O concello de Frades traballa coa Xunta pola mellora da ETAP de Ponte Carreira
Next: Cristina Capelán coñece ás entidades Ódega e Maisdetres

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.