Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

A carreira de burros de Padrón cuestionada

padron protesta carreira burros slide 24 xullo 2025

O concello abre unha consulta cidadá para coñecer a opinión da veciñanza sobre a carreira de burros que anteriormente formaba parte das actividades do Santiaguiño do monte e que hoxe en día organízase ao marxe de esa celebración.

Padrón debate estes días sobre a clásica carreira de burros que por estas datas sempre se celebrou. Se fose unha carreira de cabalos nun espazo adecuado seguramente non habería debate así que non queda claro se a carreira en si ou a forma en que se fai, si é carreira ou espectáculo.

O concello encargou unha sondaxe a unha empresa independente especializada. O obxectivo coñecer realmente a dimensión das posicións ao respecto e adoptar decisións baseadas na vontade maioritaria da cidadanía. A enquisa inclúe preguntas sobre a percepción do maltrato animal, continuidade do evento e posibles localizacións

A edición deste ano terá lugar fóra da programación oficial das Festas do Santiaguiño do Monte. Neste caso, está organizada pola asociación ABUFA como un acto de homenaxe ao burro fariñeiro, unha figura ligada á historia e identidade galega.

A noticia do seu retorno provocou reaccións públicas contrapostas: mentres unha parte da veciñanza amosa o seu apoio á continuidade da celebración, algunhas voces manifestaron o seu rexeitamento. Entre estas últimas, o grupo municipal do BNG, que expresou a súa oposición ao evento e convocou unha concentración de protesta para as oito de esta tarde de xoves.

Neste contexto, e co obxectivo de rebaixar a tensión social e tomar decisións baseadas en datos sobre a vontade da cidadanía, o Concello de Padrón contrata os servizos dunha empresa independente especializada para realizar unha enquisa representativa que permita coñecer con rigor a opinión da veciñanza padronesa.

A enquisa, cuxos resultados serán públicos, recollerá cuestións como se a cidadanía considera que a carreira de burros constitúe ou non unha forma de maltrato animal, se está a favor ou en contra da súa continuidade e a preferencia sobre a localización da mesma se esta continúa celebrándose.

Unha vez analizados os datos, o Concello tomará unha decisión sobre a celebración desta actividade nas vindeiras edicións, baseándose nos datos recollidos.

Por outra banda, e coa intención de reforzar as garantías de benestar animal nesta edición organizada por ABUFA, o Concello contratará un veterinario independente que se sumará ao profesional xa disposto pola organización.

O Concello de Padrón reafirma así o seu compromiso cun modelo de xestión baseado no diálogo, a transparencia e a participación da veciñanza en asuntos de interese social e cultural para o municipio.

Post navigation

Previous: O TradFest volve a Compostela este domingo
Next: Reordenación de 1.400 hectáreas de terreos en Oroso

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.