Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Puntos de venda de droga no rural de Padrón

padron drogas extramundi SLIDE 7 abril 2025

Os veciños da aldea de Extramundi denuncian o constante paso de toxicómanos polo lugar para comprar droga sen que nin Garda Civil nin Policía Local fagan nada.

O consumo de drogas parece aumentar nos últimos tempos e, como consecuencia, os puntos de venda tamén crecen. Os veciños de Extramundi, en Padrón, levan tempo denunciando un punto de tráfico de estupefacientes na súa aldea.

Os veciños cos que puidemos falar en Lindeiros explican que é un problema que leva tempo pero que se ven acrecentando. Coa chegada do verán e o incremento de verbenas temen que o problema creza aínda máis.

Tiros ao aire na noite, constante paso de vehículos e toxicómanos, liortas… todo nunha aldea na que nos contan que hai moitos matrimonios novos con nenos pequenos. Cativos que “comezan a normalizar a venda de droga ao carón da casa, algo que non queremos que suceda” nos explican.

Os veciños quéixanse de que non poder deixar aos rapaces xogar pola aldea por medio a que alguén intoxicado poida facer algo polo estado no que se atope. Falaron coa Garda Civil pero os efectivos non son suficientes e a Policía Local pide que se denuncie pero tampouco se achegan o suficiente pola zona para exercer presión.

Coa chegada das Festas de Pascua os veciños temen que aquilo se converta nunha festa non desexada e un perigo para a aldea e os veciños. Esixen medidas e piden que se fale coa Delegación do Goberno si Garda Civil e Policía Local non son capaces de facer nada.

Post navigation

Previous: A Intermodal estará rematada este mes e operativa ao longo de maio
Next: Frades e a Consellería de Educación estudan melloras no colexio de Ponte Carreira

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.