Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

A Deputación demanda máis investimento da Xunta en axuda ao fogar

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, reuniuse en Padrón coas traballadoras de axuda no fogar e demandou da Xunta unha maior aportación no eido social.
deputacion-axudas-sociais-slide-30-xaneiro-2024-(1)_r

Bisbarra, 30 de xaneiro do 2024 – O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, reuniuse en Padrón coas traballadoras de axuda no fogar e demandou da Xunta unha maior aportación no eido social.

González Formos agradeceu a labor das traballadoras de axuda no fogar e destacou “o seu labor esencial coidar dos nosos maiores nos concellos máis pequenos e rurais, para permitirlles ter unha vellez digna e tranquila, seguir vivindo nas súas casas e favorecer tamén a conciliación laboral das familias”.

O presidente da Deputación estivo acompañado pola deputada de Política Social, Mar García Vidal, e do alcalde de Padrón, Anxo Rei Arca,  ademais de membros do goberno municipal.

Formoso destacou o compromiso da Deputación con este eido e reclamou un maior investimento por parte da Xunta de Galicia, que ten as competencias en materia de política social e atención á dependencia. “As achegas por parte da Xunta son escasas para soster o sistema de dependencia, que é o cuarto pilar do estado de benestar, do que dependen tantos miles de familias en Galicia”, afirmou.

 “Somos conscientes de que non pode haber unha residencia de maiores en cada concello, pero sí un servizo de axuda no fogar que permita ter unha cobertura e atención digna para os nosos maiores” engadiu Valentín González.

A Deputación vén de publicar no BOP o Plan de Servizos Sociais Comunitarios 2024, cun investimento de 8,3 millóns de euros, que permitirá cofinanciar cos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia a prestación dun total de 395.804 horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a contratación de 178 profesionais especializados no ámbito social para atender as necesidades das persoas máis vulnerables.

No caso da comarca de Compostela, a Deputación financia 91.314 horas de SAF e contrata a 53 profesionais da áreas social nos 24 concellos da área con menos habitantes. Padrón, Ordes e Santa Comba son os concellos que contan con máis profesionais contratados, cun total de catro en cada municipio; mentres que os concellos con máis horas de axuda no fogar cofinanciada pola Deputación nesta comarca son Melide (7.643 horas/ano), Oroso (6.750 horas), Padrón (5.522) e Ordes (5.500).

O presidente da Deputación destacou que “a Deputación reforzou nos últimos anos este programa que fai posible mellorar a calidade de vida de miles de persoas e que toda a cidadanía teña acceso a servizos sociais profesionais, incluso nos concellos máis pequenos”, afirmou.

Axuda a domicilio

A demanda de servizos de axuda no fogar incrementouse notablemente nos últimos anos. A Deputación financiará durante 2024 un total de 395.804 horas deste servizo, unha prestación esencial para a atención de maiores nos pequenos concellos. coruñeses A cifra supón un incremento de 120.000 horas con respecto a 2020.

Ademais, a través doutros programas provinciais como o POS Social, creado durante a pandemia, os concellos poden incrementar os fondos que destinan a financiar a axuda no fogar.

En 2024, a Deputación financiará  67.342 horas de SAF nos concellos da comarca da Coruña e As Mariñas, 50.034 nos do Barbanza, 75.151 nos de Bergantiños e Costa da Morte, 11.961 nos da área de Ferrolterra, Eume e Ortegal e 91.314 nos de Santiago.

O programa financia a contratación de 178 profesionais do eido social

O programa de servizos sociais tamén permitirá a contratación de 178 profesionais especialistas do eido social. Persoal que cada día atende a miles de cidadáns, que con frecuencia pertencen a colectivos especialmente vulnerables: infancia, mulleres vítimas de violencia, persoas con especiais dificultades de inserción laboral, maiores sen recursos, persoas sen fogar ou con discapacidade.

O programa financia o 100% do salario das persoas contratadas como persoal administrativo (18.000 €/ano), persoal técnico A2 (22.000 €) e persoal técnico A1 (26.000 €). O persoal poderá ser contratado tamén a media xornada.

Estes ano, a Deputación financiará a contratación de 37 profesionais nos concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca da Coruña, 19 na comarca do Barbanza, 35 na de Bergantiños-Costa da Morte, 34 nos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal e 53 na comarca de Compostela.

Post navigation

Previous: O concello de Negreira reúne de novo aos mellores xogadores de petanca do mundo
Next: Dez días de Entroido en Muros

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.