Padrón, 2 de marzo do 2020 – O Bloque Nacionalista Galego levou ao Congreso dos Deputados as demandas dos veciños de Pazos, en Padrón, polo mal estado da N550.
O BNG insta ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a realizar reparacións inmediatas no tramo da N550 que discorre por Padrón. O Deputado Nestor Rego faise eco das demandas da Asociación de Veciños de Pazos e que afecta tamén ás parroquias de Iria Flavia e mesmo ao casco urbano da vila.
Os nacionalistas rexistraron unha pregunta sobre si o Goberno incluirá unha partida nos Orzamentos Xerais 2020 destinada a mellora integral de esta estrada nacional. Si non existe unha partida para toda a N550, o BNG pregunta polos puntos quilométricos nos que está previsto actuar.
As peticións de melloras na N550 foron unha constante nos últimos anos como se ve no seguinte enlace
Denuncia veciñal
A Asociación de Veciños e Veciñas de Pazos rexistrou, debido a estes feitos, unha denuncia ante o Ministerio alertando do mal estado do firme da vía N-550 entre os quilómetros 79 e 81, principalmente en dous dos pasos de peóns.
A situación viuse agravada polas choivas do outono e inverno, pero o actual estado da N-550 en Padrón débese principalmente ao desgaste e deterioración acumulado durante anos polo paso diario de miles de vehículos e que agora, ademais, prexudica aos peóns que deben cruzar a estrada, polo que a súa necesidade de arranxo é máis que urxente.
