Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Padrón acolle unha xornada para identificar e reducir as cargas administrativas

ordes-charlas-axudas-autonomoa-slide-20-marzo-2018_r

O encontro diríxese a persoas autónomas, emprendedoras e profesionais que traballan habitualmente con trámites da Administración Xeral do Estado.

O vindeiro mércores 18 de xuño, o Centro Social do Concello de Padrón acollerá unha xornada participativa dirixida a persoas autónomas, emprendedoras e profesionais que realizan trámites frecuentes coa Administración Xeral do Estado.

O obxectivo principal é identificar e analizar as principais cargas administrativas que dificultan o exercicio das actividades económicas e profesionais, coa finalidade de promover medidas de simplificación e mellora da relación coa administración.

A sesión comezará ás 16:30 horas coa intervención do alcalde Anxo Arca. Seguidamente intervirán representantes institucionais como Eduardo Abad Sabaris, presidente de UPTA España; Inés Mazuela Rosado, responsable institucional e xurídica de UPTA España; así como representantes da Secretaría de Estado de Función Pública como Luisa Berrio Martín-Retortillo (Subdirectora Xeral de Organización e Procedementos) e Javier Barace Morales (Coordinador de Área).

Ás 17:00 h presentarase o Método Simplificado de Medición de Cargas Administrativas a cargo de Carmen García Sánchez, técnica de UPTA España, seguido dun coloquio aberto onde as persoas asistentes poderán expoñer as súas experiencias, detectar trabas e propoñer melloras para facer os procedementos máis áxiles e eficientes.

O aforo é limitado, polo que as persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do correo eva.fuente@upta.es ou no teléfono 91 539 81 26.

Esta xornada, organizada por UPTA España en colaboración co Concello de Padrón, enmárcase dentro das accións para favorecer o desenvolvemento económico local, facilitando o día a día das persoas que sustentan o tecido produtivo da comarca.

Post navigation

Previous: Transporte en Compostela, de concesión a contrato de servizos
Next: Frades aproba unha transferencia de crédito para arranxo de estradas

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.