займ срочно

Padrón prepara xa o concurso “Nadal na rúa”

0

Bisbarra, 7 de novembro do 2023 – Padrón convoca a cuarta edición do concurso “Nadal na rúa” co fin de que se decoren os balcóns, ventás, escaparates, ou calquera elemento do rueiro municipal.

O obxectivo de “Nadal na rúa” é enxalzar a beleza do patrimonio arquitectónico da vila nesta época tan especial do ano e dinamizar a participación activa do comercio, da hostalería e da restauración para ofrecer un Padrón máis atractivo tanto para a veciñanza como para os visitantes.

O certame repartirá ata 800 euros en premios e establece dúas categorías: empresas e asociacións sen ánimo de lucro, colectivos, entidades culturais ou centros educativos de Padrón. O período de inscrición está aberto ata o 1 de decembro na Oficina de Turismo tanto de forma física como a través do correo electrónico turismo@padron.gal.

A inscrición é de balde. Solicitarase ás persoas participantes que envíen ata 2 fotografías da decoración: unha de día e outra de noite, vía correo electrónico ata o 12 de decembro de 2023 inclusive. 

As decoracións deberán ser visibles dende a vía pública no período comprendido dende o 11 de decembro deste ano ata o 6 de xaneiro de 2024, ambos días incluídos. En ningún caso poderán interromper á actividade cotiá da cidadanía, ocupar a vía pública, nin causar perigo ás persoas, vehículos ou bens.

A contía dos premios de Nadal na Rúa será de 250, 150 e 100 euros, respectivamente, xunto a un diploma para as empresas gañadoras. Mentres que na categoría destinada á decoración realizada por asociacións sen ánimo de lucro, colectivos, entidades culturais ou centros educativos de Padrón contémplase un primeiro premio de 200 euros e un segundo de 100 (ambos tamén con diploma).

En todos os casos a totalidade dos premios deberá ser consumido no comercio e na hostalaría de Padrón no período que vai ata o 30 de xaneiro de 2024. No caso de non gastar todo o premio, ou de non presentar os recibos correspondentes, o Concello solicitará o seu reembolso.

Elección do xurado

O xurado valorará especialmente a creatividade e a orixinalidade na ornamentación; a inclusión de identidade local e o emprego de materiais de refugallos ou eco-sostibles. O 14 de decembro, os seus integrantes visitarán os locais e as entidades participantes para facer a súa valoración e emitirán o seu veredicto unha vez finalizado o concurso.

As bases do concurso e a ficha de inscrición poden descargarse na web do Concello de Padrón (www.padron.gal) e na web de turismo de Padrón. Para máis información, as persoas interesadas deberán achegarse á Oficina de Turismo, enviar un correo electrónico a turismo@padron.gal ou chamar ao teléfono 646 593 319.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies