Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Padrón concede os “Rumorosas 2026”

Padrón 8M: Rumorosas 2026 grupo de premiadas

Pola esquerda. Sentadas: Carmen Osorio Chaves, Lola Paz Camea, Amparo Acosta, Teresa López. De pe: Veronica Blanco Abad, Anabel Rivas, Catalina Pereira, Eneida León Varela

Padrón, 26/02/2026 –  O Concello de Padrón, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, conmemora o Día Internacional da Muller coa presentación dos recoñecementos  “Rumorosas 2026”.

Esta iniciativa institucional busca visibilizar e recoñecer o papel fundamental de mulleres que, co seu esforzo diario e a súa excelencia profesional e humana, foron e son pezas clave no motor social e económico de Padrón.

Nesta edición os galardóns poñen o foco en perfís diversos que abranguen dende o comercio centenario e o compromiso social, ata a vangarda da investigación científica e o deporte. Todas elas comparten un fío común: a determinación de abrir camiños nunha sociedade que aínda traballa pola igualdade real.

As protagonistas de Rumorosas 2026

Lola Paz: mestra de primaria durante 38 anos, Lola dedicou a súa vida a educar dende o corazón. Tras xubilarse e logo de criar a cinco fillos, o seu compromiso non parou e hoxe é un piar fundamental no voluntariado de San Vicente de Paúl. Para Lola, a visibilidade debe ser constante: “O 8M debería celebrarse todo o ano, porque somos nós, as mulleres, as que levamos o peso da sociedade”.

Amparo Acosta: simboliza a forza feminina no sector industrial. Foi unha das primeiras mulleres en integrarse na Picusa, á que dedicou máis de catro décadas de compromiso e constancia. A súa vida reflicte responsabilidade e esforzo co traballo e coa familia: “Hai que traballar cada día para conseguir as cousas; a perseveranza e a dedicación son a mellor herdanza”.

Anabel Rivas: catedrática de Latín e Grego, formou a xeracións de alumnos e alumnas durante catro décadas cunha convicción firme: a educación é rigor, pero tamén é gozo. O seu legado non está só nos coñecementos transmitidos, senón na canteira de mozos e mozas que hoxe valoran a cultura, o pensamento crítico e o esforzo. Anabel lanza un aviso á mocidade neste 8M: “Creo que a xente máis nova está a baixar a garda. Debemos coidar e fortalecer, con responsabilidade, todo o que xa conseguimos”.

Carmen Osorio: á fronte da Tienda Mundial durante corenta anos, Carmen herdou e transmitiu a forza das mulleres da súa familia sempre dando exemplo de traballo, constancia e dignidade. Para ela, o futuro escríbese con unión: “Ás mulleres aínda nos queda moito camiño por percorrer, pero con respecto, forza e determinación, somos capaces de acadar todo o que nos propoñamos”.

Catalina Pereira: representa a forza dunha nova xeración de rapazas que medran co balón nos pés e os obxectivos ben claros. O seu talento e dedicación levárona en 2024 a proclamarse campioa galega coa selección comarcal de Santiago e agora a formar parte da Selección Galega sub-16. “Non debemos frear os nosos soños por ser mulleres. Hai moitos exemplos de referentes que xa demostraron co exemplo que se pode”.

María Teresa López: chegou a Padrón sendo moi nova e asumiu a responsabilidade de conservar e actualizar a histórica Joyería Escotti, fundada en 1865. Nun ámbito tradicionalmente masculino, destacou pola súa seriedade, calidade e confianza, mantendo vivo un negocio con máis de 160 anos de historia no corazón da vila. María Teresa apela á loita activa: “É fundamental que as novas xeracións non dean nada por feito e sigan pelexando por cada avance. Aínda queda moito por facer”.

Verónica Blanco: bióloga e investigadora en biotecnoloxía na USC, defensora da educación sen estereotipos, do respecto, da honestidade e da sororidade, e comprometida en abrir camiños para novas xeracións de científicas: “Necesitamos referentes e unha cultura que visibilice o traballo das mulleres na ciencia. É preciso educar con actitude e sen prexuízos”.

Eneida León: TSAF e adestradora persoal, que leva máis dunha década axudando a homes e mulleres a sentirse seguros e saudables, promovendo a disciplina, a constancia e o coidado persoal como claves para o benestar e o empoderamento. “O 8M é un momento para reivindicar os nosos dereitos e o esforzo que facemos para ocupar o mesmo lugar que os homes”, afirma.

O acto de homenaxe terá lugar durante a Gala do 8M o domingo 8 de marzo ás 18.30 horas no Auditorio de Padrón.

Post navigation

Previous: A Baña activa un plan estratéxico de vivenda
Next: Teo cederá parcelas para vivenda de promoción pública

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.