Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Conflito laboral no concello de Padrón

Comisións Obreiras interporá un recurso contencioso administrativo para que o concello de Padrón actualice as nóminas dos traballadores
concello de Padrón

Bisbarra, 5 de maio do 2023 – Comisións Obreiras interporá un recurso contencioso administrativo para que o concello de Padrón actualice as nóminas dos traballadores conforma á Relación de Postos de Traballo, RPT.

Imaxe de arquivo dunha protesta dos traballadores ás portas do concello de Padrón

A RPT de Padrón foi aprobada hai máis de dous anos sen que as soldos recollidos nela foran actualizados. O recurso preséntase tras unha solicitude ao concello para que actualizara as nóminas e pagara os atrasos e que non foi atendida.

Desde o sindicato “lamentan que o Concello de Padrón nin sequera respondese o escrito presentado polo delegado ou que declinase as peticións do sindicato para manter unha xuntanza e propiciar unha solución”. Tamén critican que o goberno local  “se empreñe en xudicializar as relacións laborais”.

O sindicato CCOO fai referencia a unha recente sentenza xudicial que condea ao concello de Padrón a “levar a cabo os actos necesarios» para incluír na oferta de emprego público (OEP) unha serie de prazas que o Concello decidira unilateralmente non incluír”.

A sentenza chegou tras as tentativas infrutuosas do sindicato por negociar co Concello unha solución, e malia ás “numerosas advertencias» realizadas durante a negociación da RPT”. O sindicato tamén informa de que o Concello de Padrón aínda non ten publicadas as convocatorias dos procesos selectivos de estabilización derivados da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, malia que o prazo rematou o pasado 31 de decembro.

CCOO contrapón este desleixo coa “celeridade” con que o Concello tramita as compatibilidades dos membros do goberno para poderen traballar fóra da institución ou a suba salarial de 500 euros mensuais que aplicaron a cada edil con dedicación parcial no primeiro pleno tras as últimas eleccións.

Post navigation

Previous: Paseo nocturno por Compostela
Next: Problemas no comedor do Ceip da Ramallosa en Teo

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.