Bisbarra, 4 de marzo do 2024 – O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou que o pregoeiro das Festas de Pascua 2024 será o sempre controvertido alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Arca o anunciou no pleno do pasado xoves. O concello de Padrón o confirmou nas redes sociais esta fin de semana aludindo a súa “traxectoria e compromiso no desenvolvemento na promoción de Galicia”. O comunicado da conta do concello de Padrón en Facebook destaca ademais que “foi quen de converter as Festas de Nadal en Vigo nun referente mundial”.
Abel Caballero e Doutor en Ciencias Económicas polas Universidades de Santiago e Cambridge e Catedrático de Teoría Económica en excedencia na Universidade de Vigo. Foi Ministro de Transportes con Felipe González, candidato á Xunta de Galicia no ano 1997, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo e desde o 2007 alcalde da cidade.
Caballero dará o pregón o vindeiro 30 de marzo na Praza de Macías, a partir das nove da noite, comezando con este acto as Festas de Pascua de Padrón 2024.
Enfado do BNG
A voceira do BNG de Padrón, Beatriz Rei, considera o nomeamento de Abel Caballero como pregoeiro “unha falta de respecto á veciñanza e unha falta de decoro político”. O BNg realizará unha proposta no pasado mes de decembro para que a pregoeira fora a Doutora Manuela Camino López, responsable da Unidade de Transplante Cardíaco Infantil no Hospital Gregorio Marañón e veciña da vila.
Beatriz Rei critica que o goberno local careza “de altura de miras e que sexa incapaz de aproveitar un evento de tanta transcendencia como o pregón das festas patronais para pór en valor o traballo e o labor social de veciñas como Manuela Camino e que prefira aproveitar ese momento para traer a Padrón a un compañeiro do partido para facer da lectura do pregón un acto partidista”.