Bisbarra, 25 de marzo do 2024 – Galiza Nova presentou en Padrón a vixésimo cuarta edición das Xornadas de Formación da Historia de Galiza que se celebrarán no concellos os días 13 e 14 de abril.
Marta Gómez, Secretaria Xeral de Galiza Nova dixo que se trata de “Unha oportunidade de seguir aprendendo da historia do noso movemento feminista”. Beatriz Rei, voceira do BNG de Padrón, destacou que “é un orgullo para nós que Galiza Nova elixa Padrón para desenvolver as súas xornadas, nas que ademais de formarse coñecerán a nosa vila e a súa historia”.
Marta Gómez engadiu que “As xornadas desenvolveranse a redor da figura de Rosalía de Castro, de feito visitaremos a casa museo Rosalía, e da súa historia e implicación como muller feminista galega”. A formación comezará cunha benvida por parte da voceira municipal e unha posterior palestra a cargo de Paco Rodríguez. Nas xornadas haberá tamén un roteiro e actividades de debate dirixidas polas propias integrantes da organización.
A participación é aberta a todas as mozas e mozos galegas que o desexen e se queiran achegar a Padrón e informarase a través das redes sociais da organización o método de inscrición.