Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Piden que se defenda Castro Valente da ameaza dos eólicos

O BNG de Padrón sacou adiante no pleno ordinario do concello unha moción en defensa do Castro Valente e contra a ameaza dos eólicos.
Castro-Valente-excavacion-1236-slide_r

Bisbarra, 30 de outubro do 2023 –  O BNG de Padrón sacou adiante no pleno ordinario do concello unha moción en defensa do Castro Valente e contra a ameaza dos eólicos.

Unha das murallas do Castro Valente

Unha moción que insta á Xunta a que denegue a solicitude de Declaración de Utilidade Pública ao proxecto presentado por Iberdrola Renovables, que afecta ao Castro Valente, coa presentación de alegacións dende o Concello.

A aprobación da moción do BNG no pleno do pasado xoves implica que se presenten alegacións dende o Concello para a defensa de este enclave patrimonial tan esquecido. A voceira nacionalista, Beatriz Rei, manifesta que “a defensa do Patrimonio debe estar por riba dos intereses dunhas poucas empresas, e a destrución de Castro Valente é o suficientemente grave como para non cesar na súa defensa. Logramos que o Concello presente, esta vez si, alegacións a esta barbarie”.

O BNG de Padrón prepara ademais outra serie de alegacións que colgará nas súas redes. A intención é que calquera persoa que así o considere, as poida presentar de maneira individual, coa intención de conseguir as máximas posíbeis.

Rei lembraba que “o prazo remata o vindeiro 18 de novembro, polo que animo dende aquí a toda a cidadanía a que presente a súa propia ou, canda menos, a que preparará o BNG Padrón”. O BNG está tamén a traballar para que se retomen os labores de escavación, estudio e difusión de Castro Valente en colaboración coa USC e a Deputación de A Coruña.

25N e maltrato animal

O BNG presentou tamén en este pleno unha moción co gallo do 25N para demandar da Xunta de Galiza máis investimento, colaboración e impulso do CIM para avanzar de maneira eficaz na loita contra a violencia machista.

Tras a aprobación de dúas emendas presentadas pola Concelleira, Bea Rei, aprobouse tamén unha moción para a Declaración de Padrón Pobo Libre de Maltrato Animal.

Post navigation

Previous: 1.000 matrículas nas actividades municipais de Vedra
Next: Queixas polo “abandono da comarca do Sar” nos orzamentos da Xunta de Galicia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.