займ срочно

Reclamaran ao Estado arranxos na seguridade viaria de Padrón

0

Bisbarra, 15 de novembro do 2022 – O BNG presentará emendas aos orzamentos do estado relacionadas coa seguridade viaria Nacional 550.

A concelleira nacionalista en Padrón, Beatriz Rei, reuniuse co Deputado do BNG Nestor Rego para estudar os proxectos para o concello que defenderá nas emendas aos Orzamentos do Estado.

Néstor Rego comprometeuse a esixir a urxente mellora da N-550 ao seu paso polo municipio e a actuación nas ramplas do peirao da Ponte entre outras iniciativas. Rego explicou que “Non é asumible que se ignoren as necesidades do Concello de Padrón, mais tamén é imperdoable que ano tras ano, o equipo de goberno non faga reclamacións e esixa partidas específicas nos orzamentos para poder levar a cabo as inversións que o concello precisa con urxencia”.

O BNG defenderá no Congreso a humanización da N-550. O proxecto contempla a mellora da vía en varios tramos, en primeiro lugar, no que transcorre entre a a Colexiata de Iria e o núcleo de Padrón. Neste tramo, a estrada actúa de barreira divisoria entre os dous lados e separa mais que une a Iria e a Padrón polo que é preciso realizar actuacións que melloren a comunicación peonil da vía e integrar esta no tecido urbano. A iniciativa contempla tamén a mellora do tramo entre Padrón e a Ponte no que se aposta por mellorar a seguridade xa que neste momento carece de beirarrúas a pesar de existir xa un proxecto previo desde o ano 2009.

Finalmente, entre a Escravitude e Pazos recóllese a urxente humanización e protección da zona do Santuario e a accesibilidade en todo o tramo.

Na xuntanza, o deputado Néstor Rego comprometeuse tamén a esixir nas emendas aos orzamentos a actuación sobre as ramplas do peirao da Ponte que, segundo destacou a concelleira Beatriz Rei, supón “unha emenda que se podería catalogar de histórica, xa que dende a súa construción, non volveron a investir nin un céntimo para o seu mantemento”.

Circunvalar a N-550

A concelleira nacionalista de Padrón informou tamén ao deputado Néstor Rego da importancia da emenda que reclama a circunvalación da N-550 para bordear o espazo da Colexiata de Iria – Casa dos Coengos. O proxecto ten aínda máis relevancia ao se tratar dunha zona declarada BIC na que se atopa a sede da Fundación Cela e que constitúe un dos espazos de maior valor patrimonial do concello na actualidade absolutamente desvalorizado pola intensidade do tráfico.

Ademais, as emendas do BNG recollen tamén  a petición de actuación no coñecido como  “Paso das Ovellas” coa colocación dun semáforo que actúe como medida de seguridade ante o paso continuado de persoas que cruzan a vía diariamente, intensificado en determinadas épocas ao formar parte do trazado do camiño Portugués. Con anterioridade tratábase do  antigo paso de cruce, mais foi pechado co cal a opción de paso actual pasa pola N-550, unha alternativa altamente perigosa.

“As emendas presentadas hoxe suporán unha mellora importante para este Concello de seren aprobadas. Desde o BNG defenderémolas con firmeza porque, entre outras cousas, refírense á seguridade das persoas e son actuacións que non poden demorar máis. Padrón necesita poñer en marcha estes proxectos tanto para as veciñas e veciños como para as persoas que visitan este concello atraídas polos seus importantes recursos culturais e turísticos”, concluíu Néstor Rego.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies