Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Padrón

Padrón soluciona os problemas de abastecemento de auga potable en Cruces

O concello de Padrón instalou en Cruces unha estación de bombeo automatizada

Un dos lugares de Cruces no que se solucionou o abastecemento de auga potable

Padrón, 13/06/2026 – Os problemas de abastecemento de auga de lugares como Prada, A Picaraña ou Areal, na parroquia de Cruces, comezan a ter solución. O Concello de Padrón realizou unha intervención de urxencia en Tarrío (Pazos) instalando unha estación de bombeo de aceleración destinada a evitar caídas de presión na zona norte da rede municipal de abastecemento.

Estes lugares de Cruces viñan padecendo situacións de baixa presión ou desabastecemento recorrente especialmente nas épocas de estiaxe, cando aumenta considerablemente o consumo de auga na rede en horas punta.

Esta nova estación de bombeo está totalmente automatizada e telexestionada, programada para entrar en funcionamento en canto detecta baixadas de presión polo incremento do consumo, mantendo así unha presión constante. Conta con catro bombas de aceleración, tres delas para o funcionamento habitual e unha a maiores de reserva que entrará en funcionamento en caso de avaría dalgunha das habituais.

Deste xeito o Concello pon fin ás dificultades que historicamente viña padecendo a veciñanza destes lugares, a maioría na parroquia de Cruces, que se vía obrigada a buscar alternativas para realizar as tarefas máis cotiás, como lavar a roupa ou ducharse.

O alcalde, Anxo Arca, manifesta a súa satisfacción por ter resolto esta problemática, xa que “toda a cidadanía merece ter garantidos os servizos básicos. Dende o Concello traballamos nese sentido, mellorando a rede de abastecemento e tamén a de saneamento para estendela a todos os núcleos e que preste o mellor servizo”.

Arca engade que “A veciñanza de varios puntos da parroquia de Cruces pasouno realmente mal durante moito tempo vendo a súa vida condicionada pola falta de auga. Era unha situación que debía terse solucionado hai tempo. Alégrame que por fin poidan vivir tranquilos. Este é un bo exemplo de que dende o Concello traballamos para mellorar a calidade de vida da cidadanía”.

Varias intervencións máis de urxencia

O Concello de Padrón vén de realizar varias intervencións de urxencia co fin de mellorar as súas redes de abastecemento e de saneamento. A esta actuación de abastecemento en Tarrío, súmase a mellora do servizo na Rúa Nova e na Rúa Pérsico (aínda en execución), ou en Cortiñas. Actuacións encamiñadas a mellorar a rede solucionando problemas recorrentes e coñecidos que ata agora non se tiñan afrontado coa suficiente dilixencia.

O alcalde agradece a colaboración e a sempre boa intención da empresa Espina & Delfín, “que en todo momento arrima o ombreiro para que Padrón mellore estes servizos”.

Post navigation

Previous: Nova guía turística do concello de Negreira
Next: O eclipse de agosto nos Luns do Ateneo

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.