Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Lidia Veiga gaña o XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva

lidia veiga lide

Bisbarra, 4 de marzo do 2025 – Lidia Veiga foi recoñecida co XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, galardón outorgado polo Concello de Padrón en recoñecemento a súa interpretación na obra Iribarne.

O papel de Licia Veiga nesta peza, co-producida pola compañía Butaca Zero e polo Centro Nacional Dramático, valeulle a candidatura aos Premios Max á mellor interpretación feminina, así como a nominación aos premios María Casares como mellor actriz protagonista.

O xurado, presidido polo alcalde de Padrón Anxo Arca, salientou a calidade e versatilidade interpretativa da actriz natural de Arzúa ademais da súa capacidade para construír personaxes con profundidade e autenticidade “mantendo como valor a lingua galega como fórmula de elaboración interpretativa e artística”.

O xurado estivo formado, ademais de polo alcalde Anxo Arca, por Inma López Silva, escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernández; Afonso Becerra, dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, membro do consello asesor do Centro Dramático Galego e membro do consello de redacción de revistas de teatro; Roberto Pascual, profesor da Escola Superior de Arte Dramática, dramaturgo e xestor cultural; e a animadora social de Padrón, María Cruz Taboada.

Unha traxectoria chea de recoñecementos

O Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva destaca a traxectoria de Lidia Veiga e a súa participación en proxectos teatrais de gran relevancia, sendo unha intérprete recoñecida tanto pola crítica como polo público en diferentes ámbitos da escena.

Obras de teatro como #Camiños, da compañía ButacaZero, O premio, de Quintana Teatro; series de televisión como A Lei de Santos ou Método Criminal, producidas pola TVG; curtametraxes como Onde dormen as gaivotas ou O que queda de nós; e documentais como Mariví, na pel dá memoria ou Os Espazos en Branco.

Unha carreira profesional que inclúe tamén a súa labor como actriz de simulación en cursos de emerxencias obstétricas para o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en colaboración coa ESADg, o traballo como profesora de teatro en asociacións culturais e centros educativos, a dobraxe, e a presentación e creación de contido para o podcast O Exército Mekemeke.

Lidia Veiga estreou nos dous últimos anos traballos como Os Argonautas e a moeda de ouro (serie infantil producida por Portocabo, RTVE e Clan TV) e filmes como Matria, ou Cando Toco un Animal, a súa primeira película como actriz protagonista e pola que estivo nomeada aos Premios Mestre Mateo o pasado ano nunha gala na que exerceu ademais como presentadora.

En 2023 tamén formou parte do elenco dunha das producións teatrais do Centro Dramático Galego xunto á compañía Elefante Elegante coa obra Un hotel de primeira sobre o río pola que estivo tamén nomeada aos Premios María Casares como mellor actriz protagonista.

Lidia Veira recibirá como gañadora do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura coa imaxe da actriz Maruxa Villanueva nun acto de entrega que terá lugar nos vindeiros meses en Padrón.

Con este premio, o Concello de Padrón reafirma o seu apoio á escena teatral e ao talento interpretativo galego, sumando esta iniciativa ao seu compromiso coa cultura e as letras, que tamén se reflicte no Premio de Narrativa Camilo José Cela e no Certame Poético Rosalía de Castro.

Post navigation

Previous: A Sociedade Galega de Historia Natural, SGHN, alega contra a Mina de Touro o Pino
Next: Unha Compostela máis accesible

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.