Ames, 19 de xaneiro do 2017 (fonte Pacto X Ames) – O pasado día 17 de xaneiro, o goberno tripartito de Ames, utilizaba a páxina web dun xeito propagandístico para eludir ás súas responsabilidades ante ás numerosas indemnizacións que terá que afrontar polas denuncias, de ámbito contencioso laboral, dalgúns traballadores do concello.
Dende Pacto X Ames lamentamos que o Alcalde José Miñones falte a verdade e teña que recorrer á manipulación pretendendo enganar á cidadanía para tapar as súas carencias ante un asunto de envergadura como é facer fronte a máis de 100.000 € por unhas indemnizacións, de ámbito contencioso-laboral, e que na súa totalidade proveñen da época dos gobernos socialistas dos anos 2003-2007 e 2007-2011 dos que, respectivamente, formaron parte Pilar Candocia e José Miñones, hoxe Alcalde.
O grado de manipulación do goberno tripartito e do Alcalde Miñones chama á atención polo seu basto argumento, xa que estas indemnizacións son consecuencia directa da pésima xestión dos gobernos socialistas e bipartitos no período comprendido entre 2003-2011, época na que o concello case que multiplicou por tres o número de empregados, sen respectar a normativa.
É lamentable que o Alcalde Miñones e o seu goberno tripartito sufran un proceso de amnesia destas características, sabendo que foi membro do goberno na última etapa do seu mentor e mestre, Carlos Fernández.
É unha manipulación en toda regra botarlle a culpa ao goberno que saíu das urnas no ano 2011 cando a realidade é que, nese mandato, non se contratou a ningunha persoa, salvo para cubrir por motivos de enfermidade, baixas por paternidade ou maternidade ou similares e sempre referidos aos servizos fundamentais. Como debería saber o tripartito, a taxa de reposición imposta dende o goberno central impedía estas contratacións, salvo as excepcións mencionadas.
Por se isto fora un problema menor, a última sentencia é consecuencia directa da aprobación da RPT da que son responsable directos o goberno tripartito e o grupo de Pilar Candocia, Ames Novo, xa que foron os que facilitaron esta aprobación.
No caso desta traballadora, o tripartito, na nota publicada na páxina web do concello, volve a manipular os datos cando fala de “Así, o Concello deberá aboarlle as diferencias nos complementos entre o seu posto de auxiliar administrativo e un posto base do grupo B, ao recoñecerlle a realización de funcións de categoría superior dende o 1 de xullo de 2011 ao 1 de xullo de 2015.”
O Alcalde José Miñones e o seu goberno tripartito, debería saber que eses 4 anos son o máximo tempo ao que ten dereito a indemnización a traballadora do concello, xa que o artigo 25 da Ley 47/2003 de 26 de noviembre, General Prosupuestaria, así o indica.
O Alcalde José Miñones e o seu goberno tripartito, debería saber que segundo consta na Certificación da Secretaría Xeral do Concello de Ames, que foi tomado como proba no xulgado, no apartado Primeiro por de forma textual o seguinte:
“… empeza a prestar servizos neste Concello o 1 de agosto de 2006, na categoría de auxiliar administrativo grupo C2. Mediante Decreto da Alcaldía… ao posto código 01.03.07, auxiliar administrativa, Servizo de Rexistro, Atención e Información e Administración Xeral, sen que efectivamente realizara nunca estas funcións. Pola contra, as súas funcións foron sempre desenvoltas dentro doutro servizo dese departamento, concretamente no servizo de Secretaría.
Pacto X Ames esixe, unha rectificación pública do Alcalde José Miñones e do goberno Tripartito por esta grave manipulación que están facendo, ben sexa porque non se pararon a ler con detalle a sentencia ou por unha manipulación interesada.
Pacto X Ames xa advertira, en repetidas ocasións, que as consecuencias da aprobación da RPT terían consecuencias en datas próximas, e agora vemos como o Alcalde José Miñones e Pilar Candocia volven a unir as súas forzas para poñer ao concello nunha situación límite por estas e outras sentencias futuras, que provocarán que o concello teña que facer fronte ao pago de miles de euros.