Ames, 4 de marzo do 2017 – Pacto X Ames ven de presentar un escrito no rexistro do concello reclamando que se aplique o regulamento orgánico e se celebre o Pleno Extraordinario sobre o estado do concello.
Según Pacto X Ames a falta de transparencia do goberno tripartito e a súa “radicalización” quedan día a día retractadas.
Paco X Ames lembra que a convocatoria de este Pleno Extraordinario é de obrigado cumprimento, tal e como figura no artigo 60 do Regulamento Orgánico Municipal aprobado por unanimidade en sesión plenaria e vixente desde a súa publicación no BOP, en abril do pasado ano. Neste artigo figura a obrigatoriedade de convocar o pleno no primeiro trimestre de cada ano, polo que Pacto X Ames, decidiu solicitalo de xeito formal por rexistro.
Pacto X Ames pide tamén que se convoque a Xunta de Voceiros para acordar a data, que se celebre o pleno na Casa de Cultura de Milladoiro ou de Bertamiráns, que se curse invitacións a todas as asociacións e forzas vivas do concello e que se realice a máxima difusión para que a veciñanza poida asistir.
Para Pacto X Ames acusa ao goberno municipal de marxinar á formación e a Ames Novo de apoiar este tipo de prácticas. Según PxA nos últimos meses hai un acordo tácito co fin de marxinar á oposición de Ames. Primeiro foi a negativa a negociar os orzamentos, reservándose tal negociación en exclusiva e realizada con un absoluto escurantismo, a continuación estes partidos puxéronse de acordo para levar por urxencia e no último día de prazo, as propostas para o plan da Deputación POS 2017 no que, ademais, dedicaron todos os cartos a gasto e deixaron ao rural sen investimentos, e agora, sempre según PxA, pretenden aplicar a lei do silencio e non convocan este pleno extraordinario regulado no artigo 60.