Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

Pacto X Ames reclama descontos no recibo do lixo polos problemas na recollida

ames pacto x ames lixo slide 29 de marzo do 2017_r

Ames, 29 de marzo do 2017 – A través dun escrito presentado por Rexistro Xeral o 17 de Marzo, Pacto X Ames ven solicitar ao goberno tripartito que reclame á Mancomunidade Serra do Barbanza o desconto no recibo da recollida do lixo os importes equivalentes aos días que non se está facendo a recollida e que se deduzan os importes a cobrar a veciñanza.

Dende a formación consideran imprescindible a apertura dun expediente co fin de ver a posibilidade de aplicar sancións á Mancomunidade Serra do Barbanza polo incumprimento destes servizos.

PxA recorda que Ames non é asociado da Mancomunidade Serra de Barbanza, se non que a relación contractual é de prestación de servizo e polo tanto, a responsabilidade de prestar un bo servizo é en exclusiva da Mancomunidade, así se deriva do convenio firmado en decembro de 2015. Polo tanto, os problemas esgrimidos pola contrata FCC, SA ante as deficiencias e avarías dos camión son  algo que deberán resolver dende a Mancomunidade.

Para Pacto X Ames a falta de previsión do tripartito queda clara segundo se deducen das diversas declaracións entre unha parte e a outra. A empresa FCC,SA manifesta que o motivo para non recoller de forma regular o lixo débese a que hai camións avariados. Se temos en conta que a finais do 2015 o goberno tripartito tivera unha reunión cos responsables da Comunidade Serra do Barbanza e solicitou información a empresa FCC, SA. Tal e como figura na web oficial do Concello de Ames en declaracións textuais do goberno tripartito que din, “a realidade é que durante tres meses a presidenta da Mancomunidade foi incapaz de enviarnos os datos que lle solicitamos de maneira reiterada, sen embargo a empresa FCC envióunolos ao día seguinte de ter a xuntanza co representante da mesma.”

Na web oficial do concello recoñécese que FCC enviou a información ao día seguinte, logo o tripartito deberían saber a situación na que se encontraban os camións xa que FCC, SA é a empresa que xestiona os camións para a recollida do lixo.

Post navigation

Previous: As árbores máis emblemáticas da Alameda de Compostela serán sinalizadas
Next: Silleda aforrou nos últimos tres anos 900.000 euros

Máis novas

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

Cartel das Noites en Vela 2026
4 minutes read
  • Xeral

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Cartel Millarock 2026
5 minutes read
  • Xeral

XV Millarock en Ames

Cartel do día mundial do orullo en Ames
2 minutes read
  • Ames

Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ en Ames

Unha imaxe dun dos comedores escolars do concello de ames
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian en Ames o “abandono” de comedores escolares

Edificio da Telleira, en Bertamiráns, Ames
2 minutes read
  • Ames

Preocupación pola interrupción do servizo da Telleira en Ames

Cartel do Ames Jazz 2026, a novena edición do certame
3 minutes read
  • Xeral

Unha nova edición do Ames Jazz chegará en xullo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.