Ames, 13 de abril do 2017 – Pacto X Ames denuncia que despois de que o alcalde, José MIñones, aceptara por escrito destinar a extra do 2012 dos concelleiros de PxA a entidades sen ánimo de lucro agora Genma Otero bloquea esa donación.
José Miñones asinara en xaneiro de 2016 a cesión da paga extra do ano 2012, a que renunciaran Manuel Ferreiro Santiago, María González Gómez e Ramón García Argibay, para cedelas a unhas entidades benéficas e sen fin de lucro e agora, según Pacto X Ames o nega e permite que Genma Otero bloquee ditos cartos.
Para Pacto X Ames Impedir as doazóns (cando xa estaban firmadas e comprometidas) a entidades como a Confraría da Peregrina en Bertamiráns, ás tres Cáritas de Ames ou a Asociación de Jubilados do Milladoiro e unha mostra sen precedentes de autoritarismo e sectarismo xa que o goberno pretende destinar os 7.301,35 € a un fin totalmente distinto do manifestado por escrito polos daquela, concelleiros do goberno.
No ano 2012 o Goberno Central, ante a grave crise económica, aplicou unha serie de medidas urxentes nas que estaban, entre outras, a supresión das paga extra de decembro aos funcionarios e empregados públicos. Esta medida non afectaba aos concelleiros que tiveran dedicación exclusiva ou parcial, sen embargo, os daquela concelleiros de goberno, Manuel Ferreiro Santiago, María González gómez e Ramón García Argibay, renunciaban a cobrar a paga extra de decembro en solidariedade cos traballadores do concello. O total da cantidade á que renunciaron foi de 7.301,35 €, importe que debería ser destinado e repartido, por expreso desexo dos concelleiros, e mediante escrito presentado por rexistro de entrada, a JUPEMI (Asociación de Jubilados y Pensionistas del Milladoiro), ao proxecto Vacacións en Paz, a Cofradía Nuestra Señora Divina Peregrina de Bertamiráns e ao musical do IES de Bertamiráns. Debido a que dende o 2013 os presupostos están prorrogados, non foi posible destinar eses cartos as entidades mencionadas anteriormente.
O 27 de xuño de 2016, con rexistro de saída 5290 o actual alcalde José Miñones dá contestación aos escritos que presentaran Manuel Ferreiro Santiago, María González gómez e Ramón García Argibay, no que textualmente dí: “Que a Alcaldía accedeu a esta petición nas partidas que se indican e polas cantidades que se corresponden a parte proporcional de ditas pagas, máis hai varias asignacións que non se poderían materializar porque son actuacións que non entran dentro do ámbito competencial do Concello de Ames, e que en todo caso poderíase cambiar o seu destino mediante unha nova solicitude”.
O problema xurde coa negociación dos novos orzamentos xa que o Alcalde, José Miñones cambia de opinión. Genma Otero, voceira de Contigo Pódese e primeira tenente de alcaldía, toma o mando e envía un whatsAp ao voceiro de Pacto X Ames, Ramón García Argibay, no que comunicaba textualmente que “Estamos cerrando ya el expediente del presupuesto y con respecto a la propuesta de nominativa que hiciste de aportación a Jupemi 1.278,43 no podría ir por ser una ayuda finalista. Hemos estado negociando con Ames Novo las bases de ejecución y no se contempla esta posibilidad…”
Pacto x Ames explica que por enriba Genma Otero desautorizou ao alcalde José Miñones na comisión de orzamentos celebrada onte onde dixo que era unha cuestión de vontade política contradicindo e desautorizando o firmado por Miñones meses antes.
Pacto x Ames denuncia que a Genma Otero, impón o seu criterio de tal xeito que, firmou o 4 de abril un escrito con nº de rexistro 2901 onde comunica ao Grupo Municipal de PxA que non vai incluír as cantidades doadas no ano 2012 cando ata agora, estes escritos os asinaba o Alcalde.
Para Pacto x Ames na comisión informativa quedaron claros dúas cousas, por un lado o autoritarismo e o sectarismo dun goberno que pretende destinar os cartos a un fin totalmente distinto do manifestado por escrito polos daquela, concelleiros do goberno e por outro, a teima sectaria que teñen contra certas organizacións.
Dende PxA consideran que a decisión tomada vulnera todo principio ético, demostrando unha actitude autoritaria, carente de respecto e inmoral. Para Pacto x Ames nin Genma Otero nin nin ninguén do goberno, teñen o dereito a decidir o destino duns cartos procedentes da renuncia dunha paga extra e cedida polos concelleiros para unha causa moi concreta que tivo os parabéns do alcalde de Ames e que agora muda de opinión.
