Ames, 22 de decembro do 2016 (fonte Pacto X Ames) – A accesibilidade é un dereito polo que hai a obriga de velar e traballar dende todas as administracións de un xeito decidido. Todas as iniciativas en esta materia, por pequenas que sexan, débense ter en conta e débense valorar para procurar que o desenvolvemento da vida cotiá sexa máis fácil para as persoas que teñen algún tipo de discapacidade.
Dende a asociación de persoas xordas de Santiago de Compostela, declarada de utilidade pública, están levando a cabo unha campaña polos concellos da comarca encamiñada a recadar fondos coa finalidade de promover o servizo de interpretación de lingua de signos e guía intérprete de persoas Xordas e Xordocegas de tal forma que preste cobertura ao maior número posible de concellos da comarca.
Esta iniciativa axudaría de forma considerable a favorecer unha comunicación o máis completa posible no desenvolvemento das súas actividades diarias promovendo a autonomía persoal das persoas Xordas e Xordocegas, contribuíndo á eliminación das barreiras de comunicación, favorecendo a súa independencia, favorecendo a toma das súas propias decisións e fomentando a participación destas persoas.
Actividades como ir a unha consulta médica, a unha entrevista de traballo ou a asistencia as actividades que se organizan dende o concello de Ames, non están ao alcance das persoas que xordas e xordocegas, polo que as iniciativas que se presentan nesta moción están máis que motivadas, aínda máis, é de xustiza colaborar nestes programas que se promoven dende os distintos movementos asociativos, como é o caso desta asociación, que ademais de velar polos intereses dos asociados, fan unha labor supletoria da administración na ausencia de programas específicos como é este caso.
Ademais, este servizo é imprescindible para dar cumprimento a lexislación en materia de accesibilidade universal e non discriminación ás persoas con discapacidade, a través deste servizo, as persoas xordas e xordocegas, poderán gozar do seu dereito á información e comunicación.
Hai numerosa lexislación sobre accesibilidade como a Ley 27/2007 de 23 de octubre por la que se recoñecen as línguas españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordociegas. A ley 26/2011, de 1 de agosto, da adaptación da normativa española á Conveción Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade, o Real Decreto Legislativo 172013 de 29 de noviembre no que se aproba o Texto Refundido de la Ley General de los derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social ou a Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia.
Toda esta normativa, entre outras, poñen as bases para que as persoas con algunha discapacidade, non teñan trabas na súa vida diaria, sen embargo, a realidade é moi diferente e as persoas con algún tipo de discapacidade aínda están moi lonxe de beneficiarse dun dereito básico como é a accesibilidade.
A concesión de unha achega a esta asociación, estaría dentro da colaboración entre os concellos da comarca e significaría dotar de maior cobertura as persoas con este tipo de discapacidade xa que Rois, Vedra, Teo e Santiago (concellos de diverso cor político) veñen colaborando con achegas nos últimos anos, ademais, como é sabido, este tipo de subvencións directas xa foron concedidas por unanimidade plenaria neste mandato (Pleno ordinario de outubro), a entidades como Cáritas parroquial San Juan de Ortoño ou a entidade Arcea Adames con un importe de 4.000 e 8.000 euros respectivamente.
Neste caso, desde Pacto X Ames, proponse que o concello de Ames asigne unha cantidade de 2.000 € en concepto de Subvención Nominativa para este colectivo a través da Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela, declarada de utilidade pública. O goberno tripartito non poderá poñer a desculpa de que non tivo tempo de preparar os informes porque a data de presentación é do 12 de decembro.