Compostela, 29 de marzo do 2018 – As nove da noite de este venres, 5€, a Casa das Crechas recibe a unha das referencias no territorio nacional no que se refire a trad ibérico e sefardí, o músico Paco Díez.
Paco Díez é un apaixonado dos instrumentos tradicionais e conta coa única Aula-Museo de iniciativa privada sobre temática ibérica que alberga máis de 450 pezas de España, Portugal, Occitanía (terzo sur de Francia) e Magreb, así como unha importante colección de Gaitas do Mundo.
Díez é un dos maiores expoñentes a nivel estatal e internacional no Romancero Ibérico e na Música Sefardí, condecorado en 2007 pola Autoridade Nacional do Ladino polo seu continuado esforzo na difusión da súa Cultura. Tras preto de 40 anos ten gravados 17 discos e realizou máis de dous mil cincocentos concertos tanto en solitario como coas súas diferentes propostas (A Bazanca, Tradibérica, Tres Culturas Tres, Esencias de Sefarad, etc.),
Nacido en Piñel de Abajo (Valladolid-España) no seo dunha familia de labradores casteláns, licenciado en Filoloxía Francesa, cantante e músico autodidacta, comeza a súa andaina alá por 1978 orientando a maior parte da súa traxectoria á divulgación da Cultura Musical Ibérica, coa súa persoalísima voz, secundada por guitarras, mandola, zanfona, salterio, rabel, gaita e percusións, ademais de contar cunha sólida bagaxe etnográfica apoiado por un rigoroso traballo de recompilación do Saber Tradicional por diversas zonas da Península Ibérica, a Sefarad Bíblica. Paco Díez foi o músico elixido para actuar no Palacio Real de Madrid ante o Rei Felipe V, Goberno de España e Comunidades Sefardíes de todo o Mundo, durante o Acto Histórico que sancionaba a dobre nacionalidade para os sefardíes, 523 anos despois da súa expulsión en 1492; por todo o anterior, tamén foi candidato ao Premio Princesa de Asturias das Artes 2016.
Durante o primeiro trimestre de 2017 estivo a ensinar Organología Tradicional Ibérica na School of Music da University of Washington (Seattle-USA). A finais de 2017 foi distinguido en Paris por Líguea Universelle du Ben Publique con Medaille d’Argent et Palme polo seu labor na difusión da Música Tradicional Ibérica e Sefardí.
