Compostela, 15 de marzo do 2018 – As nove de esta noite as Crechas acolle a presentación do primeiro disco de Pablo Sax Trío que leva por título Amorgana, o prezo das entradas é de sete euros.
Pablo Sax Trío inclúe en Amorgana once pezas musicais e unha paisaxe sonora froito do labor compositivo do líder desta formación, que neste concerto estará acompañado por: Pablo Pérez Sanmamed (contrabaixo, oud, arranxos), Sergio González (batería), e como músico invitado en cinco pezas, David Lojo (trompeta/fliscorno).
Amorgana foi gravado no Laboratorio Soyuz (Trazo) por Hevi, a principios de setembro do 2017. Nesta obra Pablo Sax fai homenaxes a músicos (Anthony Braxton, Steve Lacy, David Bowie), escritores (Juan Goytisolo, Julio Cortázar), amigos (Morgana, Cecilia e Lokis ) e unha peza dedicada ao lugar onde mora (Noia).
Artellando un relato intimista con vocación de acadar sentimentos e agradecementos que levaban tempo agardando a ser amosados ao ouvinte máis esixente, fuxindo das formas canónicas predominantes, sen perder a esencia deste tipo de música, onde a improvisación é fundamental, e aportando unha visión diferente ao panorama musical galego, dende unha perspectiva periférica e libre.