Compostela, 22 de novembro do 2023 – O Outono Códax Festival 2024 comeza hoxe unha maratón final que parte do concerto de Kassi Valazza na Sala Riquela.

Será unha cita íntima, máis do habitual xa que os espectadores poderán estar sentados cunha copa de viño. Os organizadores explican que «Queríamos que a xente tamén puidera desfrutar do Outono Códax dun xeito distinto. Sentados, coa súa mesiña, unha copa de viño, a media luz… Todo como moi acolledor».
A cita a partir das nove da noite. O prezo da entrada é de 15 euros (+gastos de xestión) en venda anticipada e 17€ na billeteira da sala.
Existe unha fascinación de culto crecendo ao redor da figura de Kassi Valazza. Despois do seu álbum de debut de 2019, asentouse na vangarda dos novos cantautores norteamericanos. Nada en Arizona, pero residente en Portland, a súa música porta igual a tradición como traspasa as fronteiras das raíces americanas.
A artista chega ao Outono Códax para presentar en directo o seu novo disco, Kassi Valazza Knows Nothing, editado neste mesmo 2023. Un álbum no que entrega unha fascinante colección de cancións, nas que hipnotiza ao oínte cunha voz robusta á vez que amable, con composicións de espírito independente, que gardan fortes vínculos co folk británico.
Tres intensos días
O que virá a partir de mañá xoves non é menos apetecible. Por unha banda o ciclo de cine “Blow up… a música no cinema” con películas na sala Numáx ás seis menos cuarto da tarde. Mañá xoves “One from the heart” de Coppola; o venres “Little Richard; I am everything” de Lisa Cortés; e o sábado “Elis & Tom” de Roberto de Oliveira.
En canto a música, mañá emítese en directo desde a Sala Capitol o programa “El sótano” de Radio3. O artista convidado Nick Waterhouse e a hora as 19:30.
O venres volven os horarios habituais con apertura de portas na Capitol ás 20:30. Sobre o escenario os galegos The BoDerecks teloneado a Nikki Hill.
Xa o sábado 25 os Kamikaze Helmets e The Beat From Palookaville, tamén con apertura de portas ás oito e media da tarde.
Tanto mañá xoves como o venres haberá tamén pinchadas a partir das 23:45. O xoves na reixa Bar con DJ. Ivan Chopper Monster e o venres no Riquela con DJ. Crazy Jeans.
Un calendario intenso para rematar o Outono Códax Festival 2024.
+info: www.outonocodaxfestival.com
