Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Os Tiki Phantoms hoxe e Shannon & The Clams novas citas do Outono Códax Festival

outono tiki 15 novembro 2024

Compostela, 15 e novembro do 2024 – O Outono Códax Festival é un festival para escoitar aos grandes e para descubrir artistas como os que hoxe chegan á Sala Riquela, os catláns Tiki Phantoms.

Despois de pasar por citas de renome como o FIB, Cruïlla, Low Cost ou o Sonorama. Este cuarteto de música surf instrumental chega a Compostela. Os Tiki Phantoms, ocultos tras unhas máscaras, fanse chamar El Dorado (guitarra solista), El Caníbal (guitarra rítmica), El Jíbaro (baixo) e El Bravo (batería) e levan trinta anos sobre os escenarios. As entradas para esta noite están a venda física en A Reixa-Matrioska ou online en ataquilla.com.

Shannon & The Clams o 21

O xoves 21 o Outono Códax ábrese para unha das citas especiais de este ano. Unha das bandas máis agardados polo festival, Shannon & The Clams. Unha banda californiana con influencias do garaxe rock, soul dos sesenta, doo wop e a primeira psicodelia apadriñada e producida por Dan Auerbach, vocalista e guitarrista de The Black Keys, grupo ao que acompañan nas súas xiras internacionais

Shannon & The Clams chegan a Santiago para pechar a súa xira europea, na que están a presentar o seu sétimo disco, The Moon Is In the Wrong Place, editado neste 2024, trala morte do prometido de Shannon Shaw nun accidente de coche, a poucas semanas da súa voda.

O concerto será na sala Capitol (Apertura de portas ás 20.30 h) e os encargados de abrilo serán Mambas Negras, quinteto formado por grandes músicos galegos cunha ampla traxectoria, como Óscar Avendaño (The Bo Derek’s, Siniestro Total), Andres Cunha (Siniestro Total) ou Toño López (The Soul Jacket).

Post navigation

Previous: O concello de Dodro presenta o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón para estudantes
Next: A Mancomunidade de Ordes traballa na prevención de condutas aditivas

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.