Compostela, 16 de novembro do 2022 – O Outono Códax Festival chega a súa semana grande, en canto a concertos se refire, con tres citas desde hoxe ata o vindeiro sábado.
O primeiro concerto do Outono será esta mesma noite na sala Riquela. A protagonizan a Jesper Lindell Band. Con 13 anos, Jesper Lindell era un tímido mozo convertido na gran promesa do fútbol da súa cidade natal, Ludvika, un pobo de clase traballadora a un par de horas ao noroeste de Estocolmo. Tras sufrir unha lesión que o deixou nunha cadeira de rodas por un tempo o seu irmá lévalle unha guitarra acústica coa que comeza a tocar ata decidir deixar o deporte e dedicarse á música.
Lindell presenta hoxe Twilights (2022), producido por Jesper e Björn Pettersson, móstralle como un gran cantante de «soul de ollos azuis» e rock clásico. Unha decena de cancións luminosas, vivas, reflexivas e cheas de alma a cargo dun artista chamado a escribir grandes páxinas blues e soul, un artista que por momentos lembra aos discos dos 70 de Van Morrison, que noutros rende tributo ao R&B de New Orleans ou ao son fronteirizo de Doug Sahm ou que evoca a The Band, como nos seus inicios.
Viernes 18 Sala Capitol
Carlton Jumel Smith é un soul man de renome mundial, un cantante, compositor, produtor e actor feito a si mesmo que incendiou escenarios de concertos desde Shanghái e Helsinqui ata Rusia, Turquía, Londres, Francia e , por suposto a súa cidade natal, Nueva York .

Lanzou varias gravacións, incluída a aclamada pola crítica 1634 Lexington Avenue (2019). Tivo a honra de interpretar ao seu maior heroe musical, James Brown, na película de Barry Levinson Liberty Heights (1999).
En 2022, Carlton Jumel Smith ven de publicar Devoted To You, un epé con seis cancións, medios tempos, frescas e conmovedoras.
Antes que Jume estará Nastasia Zürcher. A cantante e compositora galego-suíza ven de consagrarse como a Mellor Artista do ano, na recente edición dos premios Martín Códax da Música 2022, nos que tamén obtivo o galardón como mellor proxecto na categoría de Blues, Funk e Soul.
Sabado 19 Sala Capitol e sesión vermú na Riquela
O sábado cita dobre con sesión vermú na Riquela cos Honky Tonk Heels como grupo protagonista. Banda asturiana de recente formación que combina á perfección a xuventude e a experiencia dos seus compoñentes: Brenda Savoy, á voz, e Sara Álvarez, ao contrabaixo, lideran este combo que rescata e leva ao seu terreo as vellas cancións do rockabilly, rock and roll e rhythm and blues máis primitivo.
Xa pola noite será a cita coas estrelas de esta edición do Outono Códax. Abrirá o concerto La Pera Blanca. Trátase dun trío nado en 2017 en La Línea de la Concepción, no sur de Cádiz, liderado por Alba Blanco (cantante e guitarrista). Inspirada na música dos anos 50 formou este power trío, con influencias tanto da música negra, do rhythm and blues e do gospel como de músicas brancas como hillbilly.

A continuación John “Papa” Gros porá en esecea a experiencia acumulada durante máis de trinta anos sendo protagonista da cultura festiva de Nova Orleans. Gros mestura todos os sons de Nova Orleans (funk, jazz tradicional, banda de música, blues) e convérteo no seu propio e característico.

A banda de Gros será a que acompañe a Big Chief Monk Boudreaux. Joseph “Monk” Boudreaux é o xefe indio vivo de Mardi Gras de maior idade, o Ancián dos Anciáns nunha tradición que se remonta ao século XIX. Como tal, vese a si mesmo como o gardián dunha disciplina espiritual que involucra costumes e crenzas gnósticas compartidas por membros da comunidade negra de Nova Orleans ao longo de varias xeracións. É un dos heroes da cultura local máis coñecidos e queridos, gañador do Premio ao Patrimonio Nacional do National Endowment for the Arts e a inspiración para personaxes en dramas televisivos como a serie de HBO Treme .

O último disco de Monk Boudreaux, Bloodstains & Teardrops (2021), é un exemplo dramático de como o seu método de cantar como Gran Xefe de Mardi Gras pode aplicarse a outros xéneros. O disco inspirouse no interese de Monk pola música reggae. «Rueben Williams [o seu manager] suxeriu que fósemos a Xamaica e gravásemos un disco. Cando cheguei alí, descubrín que Bob Marley fora o meu admirador durante moitos anos», contou Monk.
As cancións que Monk gravou alí reflectiron a inspiración que obtivo ao estar en Xamaica e ver os paralelos co seu fogar en Nova Orleans. Na súa viaxe da illa aos pantanos únenselle un feixe de lendas da música como Tab Benoit, Michael Doucet, e Johnny Sansone, así como músicos de Xamaica e Luisiana. En Bloodstains & Teardrops as liñas entre o blues, a música do pantano e o reggae vólvense borrosas a medida que Monk desenvolve as súas cancións.
Big Chief Monk Boudreaux foi nomeado por este disco ao premio Grammy 2021 na categoría Raíces Rexionais.