Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Outono Códax presenta unha edición “plural e vibrante”

outono codax slide

Un dos mellores festivais de todo o noroeste peninsular presenta a súa nova edición ampliando horizontes e coma sempre con artistas referenciais nos seus estilos.

O festival Outono Códax chega a súa 15ª edición (6 a 22 de novembro) reafirmándose como un espazo de encontro entre tradicións, xeracións e estilos. Unha celebración da diversidade musical na que teñen cabida o soul contemporáneo, o folk, blues, as músicas de raíces americanas (do norte e do sur), o jazz punk, o rock progresivo e a psicodelia.

Todos baixo un mesmo paraugas. Doce grupos participarán nos sete concertos que conforman o menú musical do Outono Códax 2025. Sempre co aval que acredita a traxectoria das programacións do festival, este ano repítese a presenza de figuras consagradas con abrumadoras traxectorias, como o norteamericano Lee Greene, os franceses Komodrag and the Mounodor, os barceloneses Los Sírex ou o galego Víctor Coyote.

O cartel desta 15ª edición do Outono Códax distínguese por contar con grupos e artistas que nestes momentos están a ser considerados entre os máis grandes expoñentes actuais dos seus estilos.

Relevantes figuras do presente cunha vasta proxección futura, como é o caso de Principles of Joy, considerada «a formación de soul contemporáneo máis popular de Europa»; de Valerie June, encargada de abrir o concerto de The Rolling Stones en Londres e que ten colaborado con Dan Auerbach (The Black Keys); de Son Little, unha voz e unha guitarra a medio camiño entre o vintage e o moderno, ou dos madrileños Gilipojazz, que veñen de se converter na primeira banda de rock española que actúa no prestixioso Festival de Jazz de Montreux.

2016
Pokey Lafarge imaxe de Fernando España

Por suposto, o Outono Códax, non esquece a presenza galega na súa programación. E tamén aí asoma o xogo interxeracional. Atestíguao a presenza dun artista de tan longa e fructífera traxectoria como Víctor Coyote xunto a músicos emerxentes como Javi Álvarez ou Pablo Leira.

Un ano máis e baixo o apoio e colaboración de Bodegas Martín Códax, o festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor do xénero con nove citas que conforman unha exquisita programación na que, fiel á súa filosofía, priorízase a calidade e a variedade.

A maiores da programación musical, o Outono Códax 2025 complementa a súa proposta cunha nova edición do ciclo de proxeccións Blow Up… A Música no Cinema, a presentación do libro do Miqui Puig, pinchadas tralos concertos, unha exposición de ilustracións de Víctor Coyote e catas musicais e gastronómicas.

Os abonos para os 4 concertos da sala Capitol xa están á venda a un prezo de 55 euros (+gastos de xestión), para os 50 primeiros compradores.

Post navigation

Previous: Denuncian as queixas das comunidades escolares no inicio do curso
Next: As vivendas baleiras pagarán máis impostos en Santiago

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.