займ срочно

A USC colabora na reintegración do río Tines ao seu paso por Outes

0

Bisbarra, 4 de outubro do 2022 – A integración do río Tines ao seu paso polo concello de Outes é o obxectivo do proxecto Renatur no que colabora a Universidade de Santiago, USC.

A idea é desenvolver unha estratexia de reordenación e integración ambiental que recupere, e preserve, o curso fluvial. O proxecto está subvencionado pola Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. O proxecto desenvólvese ata finais de 2025 cun orzamento de case un millón de euros.

A coordinación corre a cargo do Centro de Estudios Euro-Rexionais de Galicia e Norte de Portugal (CEER). O concello de Outes contará ademais coa participación activa de persoal experto da USC, UDC e UVigo, así como coa Fundación Montescola.

A integración do Tines en Outes convertese nun proxecto único no que as tres universidades galegas colaboran cunha administración local. Desenvolveranse tamén actividades de fomento da biodiversidade asociada ao río como a xestión adaptativa de barreiras transversais, creación de illas de biodiversidade, asentamentos de coleópteros, ou propagación de fentos termófilos, entre outros.

Búscase renaturalizar o río e en ese sentido acometeranse tamén accións de recuperación de bosque de ribeira, eliminación de especies exóticas e invasoras ou limpezas da canle fluvial.

Incluirá accións de formación e divulgación á poboación da contorna, liderada pola Fundación CEER e o Concello de Outes. Outras de voluntariado ambiental e de participación pública da cidadanía como actividades de ciencia, de coñecemento do medio, rutas medioambientais, xornadas de plantación de bombas de biodiversidade, talleres con escolas, ou asembleas de información e participación pública, entre outros.

Dende a coordinación do proxecto salientan que “o río é de todos e todas e é bo que poidamos coñecelo, amalo e preservalo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies