Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame

Os veciños de Tállara poderán solicitar a xestión da biomasa das parcelas

lousame-biomasa-tallara-slide-13-xunho-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Lousame, 13 de xuño do 2019 –  A veciñanza de Tállara acudiu a unha charla convocada polo Concello de Lousame para informarlles sobre a posibilidade de asinar un convenio de colaboración para que o sistema público se faga cargo da xestión da biomasa das súas parcelas durante os 4 próximos anos.
    • Corte de madeira

Lousame, 13 de xuño do 2019 –  A veciñanza de Tállara acudiu a unha charla convocada polo Concello de Lousame para informarlles sobre a posibilidade de asinar un convenio de colaboración para que o sistema público se faga cargo da xestión da biomasa das súas parcelas durante os 4 próximos anos.

A posibilidade ofrecida aos propietarios de  Tállara, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os lumes forestais, xurde por ser unha das 77 parroquias con maior risco de incendio de Galicia.

A charla correu a cargo do Pablo Arbones, director xerente de Seaga, quen estivo acompañado pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; o xefe do Distrito Forestal 4 de Noia, Xabier González; e o técnico do Seaga Óscar Collazo. Pablo Arbones destacou que Lousame é un dos municipios nos que primeiro se vai ofrecer esta posibilidade aos propietarios porque “es uno de los pocos Concellos de Galicia que empezó a hacer su plan y tiene identificados todos los núcleos y las fincas”, ao tempo que confirmou que a elección de Tállara débese a que “todos los años hay incendios en esta parroquia”, que xa leva sufridos dous no que vai de ano.

Arbones explicou aos presentes que “desde la aprobación de la ley en 2007, los Concellos tienen la responsabilidad de exigir a los propietarios la gestión de la biomasa en sus parcelas. El propietario tiene la posibilidad de hacerlo por sus propios medios o adherirse a este convenio promovido por la Xunta y la Fegamp por el cual el Seaga se hería cargo de la gestión de la biomasa de las parcelas durante los próximos 4 años”.

Contratando o sistema público, o custe para os propietarios será de 350 euros por hectárea e ano, unha cantidade que se entende inferior aos custes económicos totais das actividades prestadas, xa que conta coa subvención da Xunta e da Fegamp. Así, estímase que para unha parcela media de 1.000 m2 a tarifa oscilará entre os 35 e os 42 euros. Se o custe real da limpeza fose superior a esa cifra por hectárea, o propietario non tería que pagalo. “Aquellos propietarios que no limpien, será el Concello el que ejecute subsidiariamente la limpieza de los que se nieguen a hacerlo y se pasará una factura a precio real de mercado”, avisou Arbones.

Corte de madeira

Pola súa banda, Teresa Villaverde explicou que “nos gustaría que se beneficiaran deste convenio todos os veciños do Concello, pero se se escolle Tállara é porque é unha parroquia declarada como alto risco de incendios”. Para identificar as franxas sobre as que se debe actuar, Villaverde lembrou que “non son 50 metros dende a última casa, son 50 metros de franxa arredor do núcleo, do que estea incluído no Plan Xeral. E dentro do núcleo non pode haber pinos, acacias nin eucaliptos”, máis aló dun par de xeito ornamental, como puntualizou o responsable do Distrito Forestal.

Villaverde explicou aos veciños que “somos dos primeiros nos que se vai facer este convenio porque hai moitos lumes na parroquia”, polo que emprazou aos propietarios a que “a partir de 15 días, se pasen polo Concello para asinar un convenio tipo” polo que o Seaga se encargará da xestión da biomasa das súas parcelas durante os próximos 4 anos. Así mesmo, recomendou que “os que teñan madeira, que a corten antes”, pois de non facelo será o Seaga que o faga, polo que esa madeira será subastada publicamente e os cartos serán sumados ao propio convenio, non ao propietario.

Unha vez realizadas as inscricións, o Seaga acometerá a primeira roza o antes posible. En anos posteriores, o obxectivo é que a roza teña lugar antes do mes de maio. Máis información e sinaturas de convenios no Concello de Lousame a partir do 27 de xuño.

Post navigation

Previous: O Folk in Río Cumpre doce anos este domingo
Next: Oposición frontal a liña de alta tensión que atravesará Ordes

Máis novas

Veciños, políticos e estudiosos reivindican a Zernandas de Castro en Lousame
5 minutes read
  • Lousame

Lousame reivindica a Zernadas de Castro como precursor do galeguismo

lousame 8m
3 minutes read
  • Lousame

As voluntarias europeas de Lousame protagonizarán os actos do 8 de marzo

deputacion acordos lousame 13 febreiro 2026 (2)
2 minutes read
  • Lousame

Lousame e Deputación renovan o céspede artificial do campo de fútbol de Cabanetán

LOUSAME ENTROIDO 9 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Lousame

Lousame recupera o Desfile de Disfraces de Entroido

lousame reunion alfonso rueda 12 xaneiro 2026
2 minutes read
  • Lousame

Reunión entre o Presidente da Xunta e o alcalde de Lousame

lousame orzamentos 2026 29 decembro 2025
5 minutes read
  • Lousame

Os orzamentos 2026 de Lousame eliminan as partidas dos partidos

lousame museo minas san finxs 21 outubro 2025
2 minutes read
  • Lousame

O Museo das Minas de San Finx premiado en Asturias

lousame cambio de alcalde slide 19 setembro 2025 (2)
5 minutes read
  • Lousame

Esteban Ares García toma posesión como alcalde de Lousame

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.