Padrón, 19 de abril do 2022 – Os touros volveron a Padrón en Pascua e volveu a polémica con protestas diante da praza e denuncias por parte da Asociación Galicia mellor sen touradas.
Tratábase dun espectáculo de recortadores lusos que non incluía matanza, era unha espectáculo sen sangue. Diante da praza de touros congregáronse medio cento de persoas con cartaces e un megáfono que non parou de gritar consignas contra o alcalde e os organizadores.
Todo transcorría de xeito máis ou menos tranquilo ata que algunhas persoas a cabalo que paaron por diante dos que protestaban comezaron a responder aos gritos. Tras pasar por diante a marchar deron unha volta completa á praza paravolver a pasar por diante co que a tensenión e os cruces de gritos aumentaron tendo a Garda Civil que habilitar un cordón de seguridade entre uns e outros. Tras uns minutos os xinetes marcharon sendo este o único momento de tensión
Denuncias
A Asociación Galicia Mellor sen touradas presentou unha denuncia administrativa por permitir o acceso de menores de doce anos ao espectáculo. O documento presentado lembra a lei auntónomica de benestar animal e presenta como proba fotografías publicadas polo propio concello en redes sociais.
Desde o BNG, presente tamén na concentración, explícase que aínda non se sabe o custo do espectáculo e lembrase que no 2015 unha moción aprobada en pleno comprometía ao concello a non celebrar este tipo de eventos no termo municipal.