Ames, 24 de xuño do 2021 – Ames ven de presentar unha nova programación de actividades pensada para a praia fluvial baixo o nome de Os seráns de Tapia.
Organizado pola Concellería de Cultura de Ames e coordinados polas bibliotecas municipais, Os serán de Tapia contan coa colaboración da Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística. Todos os xoves de xullo e agosto Tapia acollerá actividades de teatro, literatura, concertos e monólogos. Todas elas, de balde.
Ata a praia de Tapia desprazáronse o alcalde de Ames, Blas García, á concelleira de Cultura, Natividade González, a concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, e Santi Eirís, técnico de Bibliotecas, para a presentar esta nova programación.
O 1 de xullo inaugúranse os “Seráns de Tapia” ás 19.30 horas co pregón realizado por Manuel Otero Boquete. Ás 20.00 horas, desfrutarase dun monólogo, dirixido a un público adulto, de Avelino González titulado “Contos de contrabando”. Como peche da primeira xornada, o grupo de gaitas de Biduído “Airiños do paseo de Colón” levará a cabo unha actuación musical.
Seráns de Tapia rematará o xoves 26 de agosto, dende ás 17.00 horas, con xogos tradicionais organizados por Eira Xandobela e o obradoiro de percusión, xunto cunha actuación final, da Charanga Trópico de Grelos.
Natividade González, concelleira de Cultura, asegurou que: “Vai ser un dos programas máis ambiciosos deste verán. E, ademais, neste caso, situámolo no rural. Ademais, da xente de idade media, todos e todas a veciñas se acheguen aos “Seráns de Tapia”. Haberá actividades para todos os gustos e idades ”.
Blas García, alcalde, recordou que: “Os Seráns de Tapia forman parte da programación de verán que xa presentamos fai uns días. É unha maneira de achegar a cultura e as actividade ao rural xa que normalmente, soemos facer a maioría de actividade no Milladoiro ou en Bertamiráns”.
Escarlata Pampín, concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, afirmou que: “É obvio a aposta que se fai polo rural con este programa neste entorno tan marabilloso. Quero agradecer a oportunidade que se me deu para participar con dúas actividades para o público familiar”.
Santi Eirís, técnico das Bibliotecas Municipais, explicou que: “As bibliopiscinas antigas, dan paso este anos a este programa novo. Van ser unhas actividades para todos os públicos e todos os gustos”.
Toda a programación no seguinte enlace.