займ срочно

Os representantes sindicais da Policía Local de Ames denuncian a organización da Festa de Reis

0

Ames, 9 de xaneiro do 2019 – Segue o conflito entre o concello de Ames e a Policía Local agora pola organización e o traballo dos auxiliares na Cabalgata e Festa de Reis.

Os sindicatos CCOO e CSIF emitiron esta noite unha nota de prensa na que se mostran en contra das actuacións en materia de seguridade do goberno local. Según os representantes da Policía Local o alcalde decidiu, con motivo da Festa de Reis en Bertamiráns e Milladoiro, enviar a rúa a catro auxiliares contradicindo o criterio do oficial ao mando. Os sindicatos lembran ademais que ditos auxiliares só teñen corenta horas de formación.

No comunicado indican que a decisión tomada ” evidencia unha falta de previsión total en canto á seguridade do evento refírese, poñendo en perigo con iso a seguridade do tráfico, a integridade das persoas que se congregaron nas inmediacións do percorrido programado e recintos habilitados para a devandita celebración, e por último e non menos importante, aos auxiliares”. Os representantes sindicais indican que a decisión “oponse ao o estipulado na Lei 4/2007, onde se regulan e taxan as competencias dun auxiliar de Policía Local, cuxo labor, como reza o seu distintivo, é o de apoiar/auxiliar a un Policía Local, e en ningún caso a toma de decisións en canto á seguridade refírese, porque máis aló da boa vontade que poidan poñer, a súa formación non está enfocada a iso”.

A Policía Local tamén crítica que se puxera en mans do Concelleiro de Urbanismo, e xefe de Protección Civil, a coordinación do evento e “tutelando en todo momento aos auxiliares e os seus movementos sen o debido acompañamento policial”. CCOO e CESIF rematan a nota reservándose o dereito a levar a cabo tódalas medidas legais que consideren oportunas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies