Bisbarra, 7 de xaneiro do 2021 – Os Reis Magos o conseguiron un ano máis e visitaron a bisbarra pese ao Covid pasando por case todos os concellos.
En distintos formatos, con máis e menos xente, subidos en autobús ou chegando en tren os Reis Magos de Oriente percorreron os concellos levando ilusión aos cativos.
O formato de autocine serviu en Teo para que os rapaces puideran ver desde os coches as súas maxestades. Unha experiencia que sen dúbida non esquecerán. Ao longo do día os Magos percorreron as parroquias do concello en autobuses de época polo que todo o mundo os puido saudar.
En Vedra tiveron unha recepción especial na antiga estación de tren, o mesmo logar onde chegaran unhas horas antes sendo recibidos polo alcalde.
O Multiusos Terra do Queixo foi o escollido en Arzúa para celebrar unha gala amenizada por Cayetano Lledó con espectáculo Le Cirque. Dous pases que acolleron a máis de 350 persoas.
Os polideportivos de Abellá e Frades serviron para que a cativada de Frades puidera disfrutar tamén da visita dos Reis Magos, a cuberto da chuvia e con todas as medidas de seguridade.
En Oroso os Magos estiveron todo o día, mañá e tarde, recibindo aos pequenos no pavillón municipal. Unha visita que rematou a última hora da tarde pouco tempo antes de que chegara a hora de comezar a repartir agasallos.
Compostela escolleu a Igrexa de Santo Domingo de Bonaval pola que foron pasando ós cativos, sorprendidos e abraiados non só polos Reis se non tamén polo lugar elixido.
Un día difícil de organizar para todos os concellos e no que demostraron unha vez máis a capacidade que teñen cando se trata de facer felices aos nenos, noraboa!