Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Melide

Os recortes no IES de Melide no Parlamento de Galicia

A Deputada do Bloque, Iria Carreira, le no Pleno da Cámara o decálogo “censurado” por Educación sobre os efectos dos recortes no IES de Melide

Representantes da comunidade escolar do IES de Melide coa Deputada Iria Carreira

Compostela, 03/06/2026 –  A deputada da comarca, Iria Carreira, retou ao titular de Educación, Román Rodríguez, a desmentir os puntos do decálogo censurado pola Consellería sobre os efectos que terán os recortes de profesorado no IES de Melide.

“Señor Rodríguez, están tan afanados en ser censores e represores que non se están preocupando por mellorar a calidade do ensino galego”, criticou Carreira, que acusou aos populares de “vivir instalados no antigo réxime e confundir maioría absoluta con absolutismo”. 

“Por que na súa Consellería se preocupan máis de actuar como censores e represores en vez de mellorar a calidade do ensino público e que centros como o IES de Melide melloren a súa oferta educativa e as condicións do profesorado?”, preguntoulle, ao tempo que o emprazou a deixar o papel de “censor” porque, alegou, “Franco morreu hai xa suficientes anos”.

Unha por unha, a deputada do BNG preguntoulle ao conselleiro polas dez consecuencias  recollidas no documento censurado, elaborado polo cadro docente: perda de profesorado con praza definitiva, perda de estabilidade nos proxectos do centro (Erasmus+, Proxecta ou Innova-lab), redución de materias optativas, menor capacidade para configurar itinerarios en bacharelato, dificultades no proceso de matriculación, incremento da ratio e masificación, redución da atención á convivencia, redución da atención á diversidade, menos oferta educativa e dificultades para estabilizar a oferta.  

Segundo denunciou Carreira, o decálogo estivo pendurado nas paredes do centro e chegou a ser compartido nas redes sociais do IES “até que chegou a Inspección e mandou parar”. “Buscan controlar polo medo e a forza o que non son capaces de controlar polo relato”, engadiu a deputada, que criticou non só á “orde directa para retirar todo” senón tamén que desde a Consellería “pediron culpables: buscaron nomes e apelidos das persoas responsábeis”.

Tras lembrar que xa neste curso a dirección do instituto de Melide tivo que refacer os horarios por non dispor dun docente de inglés co que contaban, Carreira advertiu das consecuencias que terá na calidade educativa a decisión da Consellería de amortizar a través do concurso de traslados tres prazas máis (Latín, Lingua e Literatura galegas e Xeografía e Historia).

Carreira criticou ao conselleiro que lle moleste máis a liberdade de expresión do profesorado ou que se coñezan as consecuencias dos seus recortes que o deterioro da calidade educativa e adopción de medidas para evitalo. “Señor conselleiro, que é o que lle molesta a vostede deste decálogo, por que lle molesta a liberdade de expresión dos docentes e por que lle molesta que se coñezas as consecuencias das súas políticas e recortes”?, preguntoulle.

Post navigation

Previous: Compostela e EspazoCoop seguirá traballando no cooperativismo
Next: Ampliación da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.