Compostela, 15 de outubro do 2021 – O Festival Internacional Galicreques entrega hoxe venres o premio de honra Os Monicreques de Kukas, pioneiros desde o 1979 pioneiros no teatro de figuras en Galiza.
Marcelino de Santiago, Kukas, e Isabel Rey foron os fundadores da compañía. Formación recoñecida dentro e fóra das nosas fronteiras cun rico repertorio escénico que foi compaxinando textos propios e clásicos, así como o desenvolvemento dunha estética persoal e a creación de novas formas de entender a construción da marioneta como un ente vivo da escena.
Polas súas producións pasaron moitas persoas que adquiriron xunto a eles o bo facer desta arte escénica. Un dos seus máis recentes proxectos de Kukas é a creación dun centro estable para o teatro de monicreques, “A casa dos Monicreques”, onde se pretende albergar o seu legado, servir como plataforma para a nova produción e difusión do teatro de bonecos, figuras e obxectos.
Adaptación de Blanco Amor
Tras a entrega do Premio Galicreques 2021, o Teatro Principal acollerá a estrea de Leonardo e Os Biosbardos, adaptación do texto de Blanco Amor por parte da compañía galega A Xanela do Maxín. O seu protagonista, Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte da mesma. A obra terá un pase previo, pola mañá, cunha función escolar que se celebrará no propio Teatro Principal ás 11.30 h.
Resto de programación
A xornada no Galicreques comezará co Taller de obxectos para adultos de Alba Grande que terá lugar na Carpa da Alameda de 10:00h a 14:00h. Un contacto coa poesía dos obxectos, coas realidades que ocorren no simultáneo da vida, a través da observación, o xogo con obxectos, monigotes e da (des)composición dos nosos imaxinarios.
En canto as funcións escolares, a primeira comezará ás 10:30h na Fundación SGAE Titerefue y Titiritainas ofrecerán a súa peza con monicreques de luvas Diente de leche, que conta como unha noite moi clariña, un estraño artefacto voador atravesa o ceo do barrio de San Goloteo. O seu piloto? Nin máis nin menos que o famoso Rato Pérez. Ás 11:30h terá lugar no CSC de Santa Marta a representación, da man da compañía Ocelot Teatro, de “Historia de un huevo perdido” que narra a historia dunha galiña que quere ser nai e sofre o roubo do seu ovo nun momento de despiste.
Xa pola tarde, terá lugar na Carpa da Alameda o taller infantil Vermiños con material reciclado, impartido por El Trastero de Lula, de 17:00h a 20:00h. Ás 18:00h poderemos asistir ao espectáculo O dia em que a Morte sambou no CSC de Fontiñas, da man de Habib Zahra e Valeria Rey Soto, no que narran a historia dun ancián que vivía só ao outro lado río Tracunhaém.
Á mesma hora pero no CSC de Santa Marta terá lugar a representación Te doy mis manos de Ocelot Teatro, na que con monicreques de luva a compañía salvadoreña conta diferentes historias sobre o nacer, a creación, a violencia, a envexa, a familia, a ecoloxía e a solidariedade. Como colofón a esta xornada, ás 21:30h terá lugar Desvío Cachivache na Carpa da Alameda, esta obra de Cabaré Galicreques para maiores de 12 anos amósanos unha gran variedade de artistas que se reúnen neste cabaré para presentarnos os diferentes mundos posibles dentro da arte do monicreque e a máscara.
Galicreques está organizado pola Asociación Barriga Verde co patrocinio de institucións e entidades como a Xunta e Galicia a través da Agadic, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e a Fundación SGAE,