Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

Os Luns do Ateneo reivindican a figura de Valentín Lamas Carbajal

Afonso Vázquez-Monxardín, catedrático de Lingua e Literatura Galegas e académico correspondente da Real Academia Galega

Compostela, 06/06/2026 – O Ateneo de Santiago celebrará este luns, ás 19.30 horas, na rúa do Vilar, 19, a conferencia «Reivindicando a Valentín Lamas Carvajal, no 150 aniversario d’O Tío Marcos da Portela», impartida por Afonso Vázquez-Monxardín, catedrático de Lingua e Literatura Galegas e académico correspondente da Real Academia Galega.

A actividade enmárcase na conmemoración do 120 aniversario do falecemento de Valentín Lamas Carvajal, unha das figuras máis destacadas do Rexurdimento galego. A conferencia achegarase á traxectoria literaria, xornalística e cultural de Lamas Carvajal, autor fundamental para comprender a recuperación da lingua galega na segunda metade do século XIX.

O encontro coincidirá tamén coa celebración dos 150 anos da publicación do primeiro número d’O Tío Marcos da Portela, considerado o primeiro gran xornal monolingüe en galego e unha das iniciativas editoriais máis influentes da época. A través desta revisión, abordarase a vixencia do seu legado e a relevancia da súa contribución á cultura galega contemporánea.

O relator, Afonso Vázquez-Monxardín (Ourense, 1960), desenvolveu unha ampla traxectoria nos ámbitos da historia, a literatura e a divulgación cultural. Catedrático de Lingua e Literatura Galegas, colaborador habitual na prensa e comisario de diversas exposicións, dedicou nos últimos anos unha atención especial á figura de Lamas Carvajal.

Entre outras iniciativas, promoveu a recuperación da obra El Cancionario del Miño, elaborou para o Consello da Cultura Galega a entrada «Valentín Lamas Carvajal, o cuarto pé do rexurdimento» e participou na organización dos actos conmemorativos polo 150 aniversario da saída á rúa d’O Tío Marcos da Portela.

Post navigation

Previous: Ordenando as colas á Catedral
Next: Noia reabre os Xardíns de Felipe de Castro

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.