Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Os hostaleiros denuncian a discriminación do sector

Os hostaleiros da bisbarra denuncian a discriminación do sector fronte a outros servizos que incumpren as medidas e poden seguir traballando.
hostaleria-transporte-slide-18-xaneiro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 18 de xaneiro do 2021 – Os hostaleiros da bisbarra denuncian a discriminación do sector fronte a outros servizos que incumpren as medidas e poden seguir traballando.
    • Les toda a ainformación da comarca ou só da capital? suscríbete a Lindeiros.gal clikando en este enlace e recibe o noso boletíun cada día no teu correo
    • Poder traballar

Bisbarra, 18 de xaneiro do 2021 – Os hostaleiros da bisbarra denuncian a discriminación do sector fronte a outros servizos que incumpren as medidas e poden seguir traballando.

Membros das asociacións de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela participaron nunha acción de protesta coa que quixeron evidenciar, unha vez máis, o trato discriminatorio que sofren. Os hostaleiros actuaron para denunciar que as actuais restricións ao sector son completamente desproporcionadas e non serven para reducir a mobilidade na cidade.

A hostalaría explica que soporta as medidas máis duras, no caso ocio nocturno acumulando xa once meses sen poder traballar, para tratar de conter a pandemia, e a vista dos resultados, sen éxito. Mentres tanto outros sectores poden seguir traballando en condicións que distan moito das recomendacións feitas polas autoridades sanitarias.

Como exemplo, os hostaleiros manifestáronse na parada de autobuses do Camiño Novo, en Santiago, onde puideron comprobar a cantidade de persoas que ocupan as beirarrúas, sen gardar a distancia de seguridade, e se desprazan nuns autobuses comarcais completamente cheos. “O bar pechado, o bus abarrotado’” foi unha das principais proclamas do sector durante o acto.

Les toda a ainformación da comarca ou só da capital? suscríbete a Lindeiros.gal clikando en este enlace e recibe o noso boletíun cada día no teu correo

Poder traballar

Os hostaleiros recordaron que o incremento dos positivos durante as festas de nadal non é responsabilidade do sector. No pasado decembro os bares e restaurantes non acolleron nin festas nin ceas de empresas e sufriron unha diminución dos ingresos dun 80% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Nese período si que houbo unha mobilidade específica noutros ámbitos, como festas privadas, onde non hai ningún tipo de medidas de seguridade nin hixiene.

Hostalaría Compostela lembra que o sector leva meses reclamando un rescate que permita salvar a pequenas e medianas empresas e, polo tanto, os miles de postos de traballo que dependen delas, pero as súas reclamacións non obtiveron unha resposta satisfactoria nin por parte do Goberno galego nin por parte do Goberno central.

Os hostaleiros continuarán nos próximos días coas mobilizacións para tratar de buscar unha fórmula acordada que permita desenvolver a súa actividade e que trace a medio prazo unha estabilidade no conxunto do sector.

Post navigation

Previous: Teo inviste en mobilidade
Next: Os casos de Covid nos centro educativos da Área chegan a 300

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.