Santa Comba, 1 de novembro do 2018 – A Asociación Costavales de empresarios de Santa Comba organiza do 9 ao 11 de novembro a Feira de Outono.
Na Feira de Outono organizada polos empresarios de Santa Comba reunirá a expositores locais e foráneos de sectores coma artesanía, comercio, automoción, gastronomía e hostalería. A Feira inaugúrase o venres 9 de novembro ás 17 horas e pechará as súas portas ás 21 horas, o sábado e o domingo a apertura será as dez e media da mañá en horario ininterrompido ate o seu peche.
A entidade organizadora, a Asociación Costavales conta recibir a mesma ou máis asistencia de público que na edición anterior debido a que son datas apropiadas para mercar agasallos ou mercar a prezos outlet. A cita terá lugar no Recinto Feiral de Santa Comba, un espazo pechado e a cuberto de máis de tres mil metros cadrados.
Dentro das actividades próximas a realizar en Santa Comba, a Asociación de Empresarios está inmersa na organización da novena edición da Ruta de Tapas onde un total de 8 locais de hostalería van a preparar as súas elaboradas, sabedoras e deliciosas tapas dende o 16 ao 25 de novembro, haberá premios aos tapeadores e as mellores tapas.