Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Os condutores da liña do aeroporto saíron de novo a rúa

Os condutores da liña do aeroporto seguen sen traballo e sen solucións polo que este xoves saíron de novo a rúa.
cig-conflito-condutores-aerporto-slide-4-xunho-2021_r

Compostela, 4 de xuño do 2021 – Pese ás sentenzas xudiciais e as promesas políticas os condutores da liña do aeroporto seguen sen traballo e sen solucións polo que este xoves saíron de novo a rúa.

Os condutores lembran que o Concello de Santiago comprometérase, en acordo plenario, a mediar e buscar unha saída que garantira o mantemento dos postos de traballo e a súa inmediata readmisión.

Denuncian que, tras intentalo en reiteradas ocasións, nin son atendidos nin se lles dan explicacións, o que consideran unha nova falta de respecto. Destacan que é un problema que causou o propio concello “pola súa neglixencia á hora de asumir esta liña dentro do transporte urbano”.

O representante da FGAMT-CIG de Compostela Nacho Pávon explica que “Unha e outra vez escapan da súa responsabilidade demostrando unha completa submisión aos intereses empresariais de Monbus e Raul López”. Lembra que “é un despropósito de tal calibre o que se fixo nese momento que agora, que o aeroporto comezou a recuperar a súa actividade, os veciños e veciñas están quedando nas paradas sen recoller, o que está xerando múltiples queixas. Polo tanto asumiron un servizo para empeoralo deixando aos 9 condutores na rúa”, conclúe.

Os traballadores exixen que se concrete en que consisten as solucións que ofrece Monbus logo de que as sentenzas lle dean a razón. Pavón di que “Van xa seis meses de desprezo e maltrato sistemático e só é responsabilidade de Xosé Sánchez Bugallo e Raúl López”.

A CIG lembra que o trato de favor a esta empresa por parte do concello é escandaloso tanto do punto de vista económico como de permitirlle empregar terreos e servizos municipais para contratas alleas ao transporte urbano así como un evidente trato de favor na nova intermodal.

Post navigation

Previous: Albergue Restaurante O Rueiro
Next: Piden a restauración do tren histórico situados na estación de ferrocarril

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.