Compostela, 8 de maio do 2019 – Os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia protagonizarán o vindeiro xoves 16 de maio unha xornada gastronómica no Mercado La Galiciana, en Santiago.
O presidente do Consello Regulador de Augardentes e Licores, José Antonio Feijóo; o xerente da Galiciana, Benigno Sánchez, e a vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, presentaron esta mañá o programa de actividades.
Feijóo mostrou o seu agradecemento ao Mercado “por darnos a oportunidade de desenvolver unha xornada gastronómica nun espazo tan emblemático e polivalente como este”. Aproveitou a oportunidade para animar a veciños e visitantes a “achegarse o próximo 16 de maio a este mercado para degustar os pratos propostos que mostran a versatilidade dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia na cociña”.
Pola súa banda, Benigno Sánchez quixo “agradecer ao Consello Regulador a confianza depositada no Mercado para dar visibilidade á alta calidade deste sector tradicional en Galicia. “É unha honra para La Galiciana contribuír á promoción dás augardentes e licores galegos e á conservación destes oficios tradicionais que traballan por manterse non mercado a través dá innovación e a competitividade. É unha honra tamén que ou fagan neste Mercado, xa que un dous nosos principios é a posta en valor dá tradición e cultura galegas. O día 16 de maio poremos todo ou noso empeño en que os asistentes á Xornada Gastronómica disfruten e aprendan sobre estes produtos amparados baixo as Indicacións Xeográficas dás Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia”.
A xornada do próximo xoves 16 dará comezo ao mediodía coa posta ao dispor do público de seis pratos entre cuxos ingredientes se atopan os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Sonia Otero explicou as seis propostas que os establecementos do Mercado A Galiciana ofrecerán ao público:
Hummus de Augardente de Herbas de Galicia con totopos
Hummus con totopos maridado con Bagazo de Galicia con base de uva godello
Patacas cuarteirón con maionesa con Licor de Herbas de Galicia
Patacas cuarteirón con alioli maridadas con Bagazo de Galicia con base de uva albariño
Alitas ao Licor Café de Galicia
Chocolate con Bagazo de Galicia envellecido e escuma aromática
Xa ás 21.00 horas, a vogal do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia ofrecerá unha cata-maridaxe gratuíta aberta ao público. As prazas están limitadas a 20 e deberanse reservas enviando un e-mail a eventos@mercadolagaliciana.es, detallando o seu nome e número de teléfono.
Sonia Otero, guiará ás persoas participantes nunha cata polos diferentes destilados autenticamente galego para despois harmonizalos coa degustación dos pratos preparados polos establecementos do Mercado A Galiciana. “A cata contará con algún xogo e con varias sorpresas”, afirmou.
A xornada gastronómica finalizará coa celebración da queimada que, nesta ocasión, elaborarase con Bagazo de Galicia. “Seguro que as persoas que acudan habitualmente a esta actividade poderán apreciar os matices diferenciadores do augardente 100% galego”, concluíu Feijóo.