Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Os orzamentos 2026 de Lousame eliminan as partidas dos partidos

lousame orzamentos 2026 29 decembro 2025

Hai uns días Lousame presentaba un plan de fomento da natalidade que incluía medidas como a entrega de 900 euros por nacemento, distribuídos en tres anualidades, máis diñeiro para as ANPAS e o fomento da lactancia.

A aprobación en pleno dos orzamentos para o 2026 aclaraba que esa campaña financiaríase cos cartos destinados, ata o de agora, aos grupos políticos. Unha polémica medida que desde a oposición considerase un intento de “esgotar á oposición”.

Tamén foi moi criticada a data. Un pleno extraordinario en pleno Nadal, sen comisión previa para debater o orzamento. O alcalde de Lousame ofreceu un receso para que a secretaría resolvera as dúbidas que a oposición puidera ter pero non se chegou a facer.  

Uns orzamentos en tempo

O que ninguén pode negar é que os orzamentos, con críticas e sen elas, aprobáronse en tempo. O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, explicou que “o meu compromiso foi ter os orzamentos aprobados antes de fin de ano para empezar 2026 con eles aprobados para así traballar con normalidade e non ter que prorrogar os de 2025”

Para o voceiro socialista, Juan José Prego, “non é normal celebrar un Pleno durante o Nadal, cando estamos comendo as gambas tivemos que estudar os orzamentos” e lamentou que non se celebrara unha comisión informativa previa.

A queixa foi compartida polo voceiro do grupo Mixto, Anxo Moledo, que pediu a retirada do punto da orde do día “porque non deu tempo a estudalo con detemento”, ao tempo que apuntou que tiña dúbidas sobre algúns aspectos das contas.

Ares lamentou a imposibilidade de ter convocada a comisión informativa sobre as contas “pero o principal é ter aquí os orzamentos, pois pasamos o mes de Nadal traballando para poder traelas aquí este 26 de decembro. Ogallá para o ano poidamos traelos antes, en novembro”, agradecendo tamén o esforzo e traballo realizado pola Secretaria-Interventora municipal para elaborar os orzamentos en tempo.

O equipo de goberno presentou unhas contas “equilibradas que suman 3.825.134,21 euros”. O gasto social volve ser un dos eixos das contas municipais, coa creación de novas partidas e o incremento doutras xa existentes. No capítulo de novas incorporacións figuran os 13.500 euros destinados á posta en marcha dun programa de promoción da figura de Zernadas de Castro co obxectivo de que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras Galegas de 2027, coincidindo co 250 aniversario da morte do cura de Fruíme.

Outra novidade foi a modificación das subvencións nominativas ao Club de Xubilados de Lousame, aos equipos de fútbol do Lesende e Lousame e á ANPA Alecrín, que medran un 33%. Así mesmo, Esteban Ares confirmou o anunciado no pleno de novembro: “a eliminación das asignacións aos Grupos Políticos Municipais. Esa partida irá integramente á financiamento do programa de fomento da natalidade no Concello de Lousame, que tamén contará con outra partida especial para impartir os talleres de apoio á lactancia”.

Finalmente, Esteban Ares lembra que nas contas aprobadas “non se inclúen as obras do POS+, que non se coñecerán ata o mes de febreiro. Cando se incorporen, será o orzamento máis grande da historia do Concello de Lousame”.

Neste sentido, lembrou que as contas de 2025 foron aprobadas o 21 de xuño deste ano, polo que xa se incluían as obras do Plan Único da Deputación, uns investimentos que se incorporarán ás contas de 2026 xa durante a súa fase de execución.

Por terceiro ano consecutivo, as contas foron aprobadas cos votos a favor do Partido Popular e os votos en contra de PSOE e BNG, que mesmo votaron en contra da urxencia da sesión.

POS + adicional

Antes da aprobación dos orzamentos, os tres grupos aprobaron por unanimidade destinar a gasto corrente os 66.509,06 euros do POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios, achegado pola Deputación da Coruña.

Debate plenario

Tras o voto en contra da urxencia da sesión, tal e como sucedera no 2024, o debate dos orzamentos foi idéntico ao dos dous últimos anos, pois tanto PSOE como o Grupo Mixto mantiveron as mesmas argumentacións para reiterar o seu voto en contra.

A novidade foi que o alcalde, Esteban Ares, ofreceu aos voceiros da oposición a posibilidade de realizar un receso na sesión para que estes puideran resolver as súas dúbidas sobre os Orzamentos co asesoramento da secretaria-interventora, quen respondeu a todas as súas dúbidas.

Durante o debate, o voceiro socialista, Juan José Prego, criticou que non se trasladara aos grupos da oposición a intención do Goberno de crear un plan de fomento da natalidade; mentres que o voceiro do grupo Mixto, Anxo Moledo, pediu a elaboración dun novo PXOM para consolidar poboación e criticou a eliminación das asignacións os grupos políticos municipais: “non estamos de acordo, é unha medida de esgotamento da oposición”. Unha postura que tamén compartiron os concelleiros socialista.

Esteban Ares explicou que o Plan de Fomento da Natalidade é só unha proposta para asentar poboación, “como tamén o serán pelexar pola instalación de fibra en todo o municipio, manter e incrementar os servizos… é unha medida máis”.

Porén, desestimou a proposta de elaborar un novo Plan Xeral xa que “o noso PXOM é anterior ao 2006. Facer un novo suporía perder a metade do solo urbanizable que temos agora, polo que non lle vexo ningún beneficio porque o novo plan sería sempre moito máis restritivo”.

Post navigation

Previous: Piden a restauración dos Muíños de Riamontes, en Ames
Next: Peregrinar conectado

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.