займ срочно

O orzamento de Teo vincúlase a unha moción de confianza

0

Teo, 24 de febreiro do 2022 – O orzamento de Teo volverá a pleno o próximo martes, despois de que o fixera este mércores, vinculado a unha moción de confianza.

O orzamento presentado por Son de Teo non acadou os apoios necesarios pese a ter só a oposición do Partido Popular. O BNG mudou o seu voto no último momento e decidiu apoiar o proxecto mentres que o Psoe abstívose.

Imaxe de arquivo dun pleno anterior

Un orzamento inevitable

O proxecto de orzamento presentado polo equipo de goberno de Son de Teo é, según o alcalde Rafa Sisto o “único posible”. Uns ingresos moi axustados ás partidas garantidas, excepto a venda de parcelas que volve un ano máis a ser o centro do debate, e uns gastos inevitables e que poden crecer se a enerxía segue a subir de prezo. Rafa Sisto explica porque os consideraba como única vía

Psoe e BNG dixeron comprender os orzamentos pero se mostraron críticos cos ingresos que consideran que poden non conseguirse. Mentres que o BNG no último momento decidiu mudar o voto e apoiar as contas o Psoe mantívose na abstención propiciando o rexeitamento do orzamento xa que é preciso unha maioriía cualificada.

O PP criticou os orzamentos considerando que os gastos están inflados e votou en contra.

Rafa Ssisto levará a un pleno extraordinario os orzamentos vinculados a unha cuestión de confianza polo que, se non sucede nada imprevisto quedarán finalmente aprobados.

O alcalde tamén deixou entrever que este orzamento será o último do mandato e que serán outros os que teñan que deseñar o próximo.

Outros temas

O pleno comezou coa toma de posesión de Patricia Castela Ferreiro como concelleira da corporación municipal e voceira do BNG tras a renuncia de Manuel Barreiro.

A continuación saíu adiante por unanimidade a modificación do uso dunha parcela en Parque Montouto para que poida ser destinada a uso dotacional.

Aprobouse un recoñecemento extraxudicial de crédito cos votos a favor do equipo de goberno, BNG e PP e a abstención do Psoe.

O ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, a coñecida como plusvalía, aprobouse co voto a favor do BNG e do Psoe que pasou, no último momento, de abstención a apoiar a modificación para que puidera saír adiante . O alcalde criticou o voto contrario do PP dicíndolles “¿como va a votar en contra dunha lei que sacaron vostedes?”.

Moción

No apartado de mocións aprobouse por unanimidade a presentada polo BNG de apoio ás mobilizacións feministas do 8 de marzo e demanda dos compromisos pendentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies