Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Orquestra e o Coro da USC farán un roteiro musical nas festas do Apóstolo

usc orquestra festas do apostolo 22 xullo 2025

O ciclo leva por título “Xeiras. Tres camiños de auga e terra” e inclúese no Encontro de Verán 2025. A orquestra e Coro actuará do 25 ao 27.

Imaxe Santi Alvite

Compostela acollerá por primeira vez tres concertos conxuntos da Orquestra e Coro da Universidade, no marco do Encontro de Verán 2025. Serán os días 25, 26 e 27 de xullo, baixo o título “Xeiras. Tres camiños de auga e terra”

A Orquestra e Coro da USC propón unha pequena xira musical por lugares emblemáticos da cidade: a Igrexa da USC, a Casa das Máquinas e a Igrexa da Nosa Señora da Mercede de Conxo.

Trátase dunha proposta artística inédita que procura levar a música á cidadanía desde diferentes barrios, permitindo que cada zona da cidade poida achegarse tanto ao repertorio como ao proxecto que representa a Orquestra e Coro da USC.

O ciclo coincide coas datas centrais das festas do Apóstolo, ofrecendo unha alternativa cultural de calidade, aberta e de balde para todos os públicos. Na iniciativa colaboran o Concello de Santiago de Compostela e a Parroquia da Nosa Señora da Merced de Conxo.

Unha viaxe entre auga e terra: programa e concepto artístico

O título “Xeiras” fai referencia a tres xornadas consecutivas de actividade musical, entendidas como un camiño artístico e simbólico. Coa metáfora dos camiños de auga e terra conxuga dúas dimensións. Por unha banda, o Coro presenta obras que evocan a auga en diferentes formas: o murmuro dun arroio, a sensualidade do mar mediterráneo, os ritmos da tradición afroamericana ou a espiritualidade fluvial dos textos poéticos. A ‘auga’ convértese así en símbolo de conexión, fluidez e emoción compartida.

Pola súa banda, a Orquestra de Corda propón un percorrido por territorios musicais diversos: desde as danzas populares rumanas de Bartók ata a melancolía finlandesa de Sibelius, pasando polo lirismo de Granados, os sons do tango arxentino ou a tradición oral africana. A ‘terra’ vese así como espazo de identidade, diversidade e memoria colectiva.

Este programa é unha mostra máis da aposta da Universidade de Santiago de Compostela pola cultura como motor educativo, social e identitario. “Xeiras” busca ser non só un ciclo de concertos, senón tamén un espello da diversidade sonora que habita Compostela e un convite a redescubrir a cidade a través da música.

Repertorio do Coro:

– O occhi, manza mia – Orlando di Lasso
– Esta tierra – Javier Busto / Francisco Pino
– Tres Cantigas de Pontevedra – Agustín Bertomeu
– El arroyo que murmura – Jorge Anckermann / Electo Silva
– Eres tú – Juan Carlos Calderón / Michel Schwingrober
– Lord, I want – Spiritual afroamericano / William Stickles


Repertorio da Orquestra de Corda (con colaboración do coro en dúas obras):

– P. I. Tchaikovsky: Elexía
– B. Bartók: Danzas rumanas
– J. S. Bach: Jesus bleibet meine Freude (con coro)
– J. Sibelius: Finlandia – Hino (con coro)
– E. Granados: Goyescas
– G. Gershwin: Lullaby
– A. Piazzolla / M. Diz: Contrabajeando
– Tradicional africana / M. Diz: Lala mtoto lala

Dirección e equipo artístico

Director da Orquestra: Mario Diz
Director do Coro: Julián Jesús Pérez
Pianista acompañante: Paula Gago
Profesorado convidado:
– Violíns I: Ayşe Yayuz
– Violíns II: Antía García
– Viola: Blanca Bello
– Violonchelo e Contrabaixo: Clara Martínez

Post navigation

Previous: Parolando con Manuel Ángel Léis, alcalde de Negreira
Next: A Inchadiña Branca Vela sae de Rianxo para homenaxear a Rosalía e, este ano, a Castelao

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.